
Recoñezo que procuro erguerme e non ler a prensa pola mañá: por supervivencia, para aguantar a tarefa de educar en tempos de negros presaxios, sen caer no pesimismo. Non escoito tampouco a radio. E non obstante, todo chega a min alto e claro. Tanto ten: os relatos sobre a desgraza abrollan en todas partes.
Mesmo, eu que entrei tarde nas redes sociais (só en facebook, certo é), despois de que entrase no xogo especulador da bolsa, o que nos leva á deriva, xa se me foron os desexos de non permanecer coma un animal tecnofóbico. Pero, demos! Eu son fondamente anticapitalista! E non quero contribuír a esa merda especulativa, aí onde se decide quen vai pasar fame. Por iso, creo que des-conectarei os meus pasos do facebook. Por coherencia. Un simple xesto váleme para tentar mantela.
En fin...e por riba, esta semana (22 de maio) unha folga do ensino -con merecida xustiza reivindicativa- no Estado, que non será tal en Galicia, porque só CC.OO. a convoca, mentres que se desmarcan os demais sindicatos que no Estado si a fan (esquizofrenia?).
En que demos pensan os sindicatos en xeral?? Podemos permitirnos o luxo de perder unha arma de loita así, de calquera forma? Que éxito se agarda teña a folga? Para que servirá, realmente, perder 100 euros se o ensino non se vai paralizar? Por que existen dúas plataformas en defensa do ensino?
En fin...fatal. Non temos remedio neste recuncho. Todos debilitándonos. O inimigo, mentres, sorrí.
Remato cuns versos de Marcos Ana, Poemas de la prisión y de la vida (tabla Rasa / Ediciones Urano, 2011), escritos no cárcere en tempos do ditador Franco:
MALDITOS SEAN:
Los que atizan el fuego entre las piedras del Odio,
para servir su puchero.
MALDITOS SEAN:
Los que quieren enturbiarnos la sangre con el viejo
terrón de la trinchera.
MALDITOS SEAN:
Los que cosen banderas con cenizas de muerto para
sembrar el aire de rencores.
MALDITOS SEAN:
Los que quieren dejarnos para siempre en los bordes
opuestos de una herida.
MALDITOS SEAN:
Malditos en tu nombre
España, sean,
orque viven de tu pena y la mía
y hacen de nuestro dolor su trono.