vendredi 29 mai 2009

Recupero certo optimismo (continuación)

Despois de desintoxicarme de autocar e medios motorizados cun paseo na bici, recupero o fío narrativo.

Chegados ao hotel e feita a distribución das habitacións, xantamos de forma libre por Salou. A tarde tamén sería de experimentación. Non houbo ningún motivo de queixa. Todo o contrario. Xa percibín que, dalgunha maneira, non teriamos problemas de conduta. O típico: charlas ilusionadas na habitación; habitacións de 10 onde só podían durmir 6; mestura de sexos dialogante; compañeirismo; etc.

Puidemos comprobar esa noite o que é Salou en temporada medio-baixa aderezada pola crise que azouta ao sistema-mundo: baleiro e relacións públicas a procura de "carne" para poboar as discotecas. Así coñecimos a primeira disco....que foi a segunda tamén (por engano e/ou manipulación mediante promesas de gogós....que máis que gogós semellaban caretas desilusionadas e carentes de calquera atractivo). Non me gustou esa discoteca. Algo máis a da derradeira noite...

Dicir que as noites se convertian nunha escusa para ir á praia, onde se xogaba ao fútbol, se xogaba coa retórica de corpos que comezan a amarse no encontro. Que fermosa é a mocidade!! Aí daste conta do pasos que deches....desexando dar aínda máis.

PORT-AVENTURA
O segundo día pasámolo enteiro en Port-Aventura. Como está a medio gas non tivemos colas, puidemos repetir, ver con tranquilidade as actuacións. En fin, pleno disfrute dunhas actraccións perfectamente estruturadas, organizadas e limpísimas. Mesmo, dialogando con Isabel, nun dos bancos das ruelas, tiñamos sensación de tranquilidade. E había xente. Non era abafante, pero había xente: educación?

BARCELONA
o terceiro día Barcelona. Collimos ao noso guía Josep Lluis preto do Camp Nou. Simpático e bo coñecedor, soubo comunicar o seu saber. Foi explicándonos, a medida que progresaba o autocar, como se organizaba o proxecto urbán de Barcelona, como se orquestraba a enorme masa de tráfico rodado....Mentres comentabamos entre todos e todas a enorme cantidade de aparcabicis e de bicis....Outra mentalidade quizais?
A Sagrada Familia foi desmenuzada na súa filosofía. Despedida do guía con aplauso. Logo, xa ás 13h, proxección dun film no Imax. De prehistoria e evolución: impresionaba sentirse protagonista do filme. Daba a sensación de que podía estendéndome podía agarimar eses rostros, esas mans....e de que esas enormes bocas dentadas me ían devorar....
Pola tarde, Aquarium e retorno.

TARRAGONA
Visita a Tarragona no 4º día. A min, persoalmente, foi o que máis me gustou. Lembreime daquel mes de xullo de 2006 cando me convidaron os de MARPOC a dar unha conferencia nas súas xornadas anuais de defensa da lingua e cultura occitanas en Nîmes. Roma en nós. Tarragona ofrece menos amplitude, quizais máis fragmentos...pero son intensos. Aí pendúrome no tempo e na memoria: poñer en marcha os saberes mitolóxicos, epigráficos, historicos e sociais....Marabilloso, sen dúbida.

AMPOSTA E DESEMBOCADURA DO EBRO
Aquí os manchóns da viaxe. Por mor non de nós, non do alumnado, senón dunha confabulación inconsciente entre unha Axencia ignorante e un Albergue anacrónico.
Chegamos en autocar a Amposta despois de 1 hora de viaxe. Recollimos á guía..máis autocar ata a Deltebre e a desembocadura do Ebro, onde subimos en barco para facer un pequeno cruceiro (45 mins) pola desembocadura con explicacións dun locutor coñecedor e amante da retranca tanto coma do medio ambiente. Estivo ben.
Regreso....Albergue....O primeiro, xa, antes de baixar: a necesidade, segundo a guía de facer unha fila....para entrar no comedor. Semelloume anacrónico e anti-todo. Despois, a necesidade-imperiosidade-obrigatoriedade de non entrar a xantar...SE ANTES NON ENTRABA A GUÍA. Era absurdo xa que as mesas estaban ben indicadas. Na primeira os educadores, e detrás os mozos e mozas. Pero non. Mesmo se enfadaron cando entramos.
As fiestras con rexas....A porta pechada..e unha vez entras non saes....
O máis negativo: unha confrontación entre uns rapaces nosos cunha monitora que se debeu crer unha divindade todopoderosa e insultou aos nosos rapaces por NON SABER CATALÁN!!!
Estas persoas son as que lle facilitan as armas aos da dereita. Que obriga ten un mozo ou moza de 14 anos de saber catalán....se no sistema educativo a lingua común é o castelán?? Que impide a unha mente abrirse e falar castelán e dialogar, comunicarse amablemente?? ESTREITEZ.
O centro dispón dunhas instalacións moi boas, pero cunha organización disciplinaria militarizada que non vai cunha excursión. VIVA THOREAU E A DESOBEDIENCIA CIVIL!!! A un acto represor sempre lle responde a solidariedade e a liberdade... Eles e eu saben do que falo....

A planificación da visita ao Parque Natural foi negativa tamén, xa que só nos pasearon unha vez máis en bus, cando non era o agardado. E as visitas aos lugares se facían cos establecementos pechados. Mesmo, o refuxio ornitolóxico -tamén tancat- serviu unicamente para que os alumnos e alumnas que quixeron baixar por 5ª vez do autocar morresen de risa cando o que se ensinaba eran pitas, pavos e patos....animais que poboan as hortas de moitas das súas casas familiares!!!
Iso vale para os urbanitas de Madrid ou Barcelona, pero para un galego!!

Á noite tivemos que loitar -aí Isabel foi impecable e implacable- para conseguir 15 minutos de anticipo sobre a hora de cea prevista (20h45...a HORA DA FINAL DE CHAMPIONS!!!). Ao fin, foron máis minutos....e é que non había ninguén!! Houboi bronca...por non agardar ás guía. Nós, mentres, apoderámonos da sala. Tesouro prezado para dúas horas de diversión. Vitoria e cánticos. Celebramos o triunfo cunha pachanga de unha hora nunha pista de herba artificial. Disfrutamos coma ananos....e eu sentinme de novo útil para o fútbol despois das miñas lesións.

ÚLTIMO DÍA: RETORNO Á RUTINA
último día...16 horas de autobus por diante...

O OPTIMISMO
O alumnado forma un grupo humano, diverso, pero complementario. Mesmo hai un gran Schrek, cheo de humanidade despois dun primeiro trance bruto. E hai nenas dignas de películas de princesas e fadas. Todas coas súas peculiariades. Loxicamente, teño máis empatía cos de lingua francesa porque levamos xa 4 anos falándonos. E descubrín que teño un fillo, je je (que mesmo, para seguir a coña, chamábame "mon père" e eu "mon fils"). Ah! e tamén teño unha para quen conformo de forma metafórica e agarimosa o "seu pior pesadelo".

A todo este grupo graciñas por facerme recuperar optimismo....
Au revoir!

6 commentaires:

  1. simplemente eres incríble Ron!
    Grazas por todo o que fixeches por nos, sin ti e sin Isabel esta excursión inolvidable non se podería facer!

    firmado: "A moura da mourería", jaja!

    RépondreSupprimer
  2. Non
    graciñas a ti, a vós
    xa sabes que és a miña "palestina"
    preferida
    bicos

    RépondreSupprimer
  3. Ron , necesitaba decirte que no creia que pudieras ser tan profundo y menos de dia!!, en fin que como andrea pilar queria agradecer a ti y a Isa lo que habeis hecho por nosotros , creo que ningun otro profesor se habria preocupado tanto por nosotros como lo has hecho tu , simplemente no tengo palabras

    Salut!

    RépondreSupprimer
  4. Gustoume iso de "y menos de día". Tende a ser certo, pero nestes días estou especialmente motivado. Culpa vosa?? Grazas a vós?? As dúas cousas, sen dúbida. Teño pilas recargadas a pesar do cansancio corporal.

    RépondreSupprimer
  5. Moitas grazas a ti e a Isa por esta viaxe tan fantástica.
    Penso que ningún de nós poderá esquecer esta excursión.
    Moitísimas grazas de novo... e por certo cando repetimos???
    Salut!

    RépondreSupprimer
  6. Agora mesmo, co corpo canso e coa mente esperta, diríache que podemos celebrala dentro de 10 anos, por iso de ser unha data sinalada...e ver que é de cada un e de cada unha de nós.
    Ah! Non esquezades vir coas pilas (re)cargadas o luns...
    apertas

    RépondreSupprimer