samedi 6 novembre 2010

FOISE O BO DE HERMINIO BARREIRO...MESTRE DE MESTRES


Hoxe, o mestre de mestres, Herminio Barreiro, foise, de forma apresurada; mais déixanos a súa lembranza de home marabilloso, bondadoso, que sempre dicía aprender, que sempre escoitaba aos máis mozos.

Tiven a honra de compartir charlas, actos, campañas co camarada Herminio Barreiro. Del aprendín moito.

Hoxe, quedamos un tanto orfos.

TEXTO DE HERMINIO BARREIRO PARA A HOMENAXE QUE ÍA RECIBIR MAÑÁ

Comunismo e predeterminación

Dicía Carlos Castilla del Pino que cando un contempla a súa propia vida dende a altura dos anos,dende moito máis alá del mezzo del camin della nostra vita, sempre atopamos algunha razón para arrepentirnos de algo.

Pero aínda que así sexa, non por iso un está disposto a renunciar á súa propia vida.

Ás veces, temos a impresión de que a nosa vida xa estaba escrita, ou, como se di a miúdo, o destino xa estaba escrito.

Mirando retrospectivamente, parece que a nosa vida só puidera ser así e non doutra maneira. Polo menos, así nos parece hoxe.

Se a min me preguntan por qué escollín o comunismo como ideal de vida e como o xeito máis eficaz de transformación do mundo, respondería falando das condicións sociais vividas, das circunstancias, de cómo a realidade determina a conciencia, da educación recibida e do selo propio tempo e dun país.

Pero hoxe –deben ser os anos- teño a impresión de que ese foi a única escolla posible. E como se pensase que non tiven ningunha outra posibilidade. En fin, é como unha sensación de predeterminación.

Agardemos, pois, que o socialismo sexa quen de destruír a barbarie.

1 commentaire:

  1. bon jour
    por dizer algo
    lamento a perda de herminio, como ser humano e como persoa xenerosa, porque sei (non penso, SEI) que calquera que posúa unha ideoloxía de esquerda é, por encima de todo, unha persoa xenerosa.
    magoadamente non coñezo como seguro merecería a súa obra nin o coñecín a el en persoa, pero para min é triste tamén pensar que o seu epitafio, que me comentas no correo, non é compartido por min: "morro cunha fe cega no progreso da humanidade".
    iso é, porén, un motivo de ledicia: pensar que o que se marcha o fai cun certo optimismo e véndose proxectado nese futuro que el considera positivo, accedendo así (ademais do que teña xa conseguido en vida e coa súa obra) á inmortalidade.
    73 anos son poucos para quen teña cousas por facer, pero moitos para quen 'recordar doe'.
    unha aperta moi forte

    villano

    RépondreSupprimer