
Como afirman na súa páxina web, esta Fundación estrutura o seu traballo a través de seis comisións todas compartindo a máxima finalidade: analizar o estado da vivenda das persoas máis empobrecidas da sociedade e, en consecuencia, apelar á erradicación das vivendas indignas.
![]() | ||||
Ti que sofres, sexas quen sexas, entra, dorme, come, recupera esperanza, aquí querémoste | , |
Unha das frases do Abade Pedro é: "Non abonda con emocionarse ante a miseria, cómpre pasar á acción". Unha frase que debera impregnar a actitude dunha sociedade individualista, pasiva, resignada e indiferente ante as situacións de inxustiza social. Saír das emocións do grupo que se considera propio, sair das loitas parciais, para abrazar a loita pola dignidade da condición humana, sexa de onde sexa a persoa.
Na web ofrecen un extracto do dossier sobre a rexión do norte de Francia, Hauts-de-France, e nel apreciamos o que sintetiza o título do artigo: "Cada vez máis vivendas con sobrepoboación en Francia". E é que despois de varias décadas en retroceso, a sobrepoboación habitacional recrudecéuse. Entre o ano 2006 e o 2013 déuse un incremento do 12 por cento, o que significa que 8,6 millóns de persoas en Francia sofren sobrepoboación habitacional.
Téñase en conta que se fala de sobrepoboación habitacional cando, por exemplo, un irmán e unha irmá de máis de 7 anos non teñen a súa habitación propia, ou cando unha parella ten que durmir na mesma habitación cun neno ou nena. Se hai ausencia de varias habitacións fálase de sobrepoboación acusada. Este feito afectaba a 934 000 persoas en Francia no 2013, un incremento do 17 % en sete anos.
A conquista dun espazo íntimo propio, ter unha habitación para un mesmo, foi unha conquista que avanzou co afortalamento do Estado de Benestar durante os trinta anos que seguiron á segunda guerra mundial. Esta democratización da intimidade, inmensa e minúscula a un tempo como se recolle no artigo, está ameazado en Francia.
Como é de supoñer, este retorno da sobrepoboación afecta en primeiro lugar aos fogares con baixos ingresos (+ 1,6 puntos en sete anos, mentres que se reduciu nun 0,5 % nos fogares con máis ingresos). Falamos do colectivo social máis afectado polas consecuencias da crise-estafa que se iniciou no 2007: un empobrecemento e unha precarización xeralizada que converte en estrutural a desigualdade propia do sistema capitalista.
Aucun commentaire:
Enregistrer un commentaire