mardi 10 août 2010

NON CARIDADES, POR FAVOR, XUSTIZA SOCIAL

Pode que sexa eu un "rallado", ou unha persoa pouco dada a crer en actos conxunturais. Pode. En calquera caso, o anuncio de supostos filántropos millonarios estadounidenses en "regalar" os seus excedentes monetarios a min, que queredes, "chirríame". E prodúceme o mesmo o proclamado desexo das ONG's españolas que queren que os millonarios de aquí fagan o mesmo.

Eu, xa digo, non creo nestes actos. Son promocións propias que reportan ao fin, máis diñeiro para as propias empresas dos supostos filántropos. Pero...eu si quero ese diñeiro excedente volva de onde saiu: das clases traballadores. E como? a través dunha política fiscal progresiva. Restablecendo os impostos que os neoliberais se cargaron. E, por suposto, facendo que o diñeiro sirva para afortalar uns servizos públicos. Que estes sexan de calidade, eficaces e eficientes. Sería a mellor redistribución da riqueza para as clases traballadoras.

Por iso, digo que é mellor a xustiza social que a caridade para solucionar os problemas das clases sociais menos favorecidas, a maioría. Pasaríamos do conxuntural acto supostamente xeneroso a un feito estrutural do sistema de igualdade de oportunidades.

Aucun commentaire:

Enregistrer un commentaire