lundi 2 août 2010

NOS BEIZOS SEN VIDA

A carón dos restos dun ruído
de bombas e metrallas

A carón dos corpos mutilados
os soños un a un esmorecían
cada pinga pinga a pinga

A carón das bágoas
percorren as meixelas o amor
unha man doce enferma de medo
deixa o ronsel do tempo nos beizos
sen vida do namorado

A carón da destrución fumegante
entrecortada a súa voz
alumea o sentido
que se nos perdeu
que deixamos ir
coa máscara da violenta vida
e a fouce das mentiras
"Amor meu ben
non me deixes
aínda non camiñamos xuntos
o suficiente"

A carón agora só un silencio
o tempo exhala e a escuridade
envolve unha man
que treme treme e treme
e chora chora e chora

2-agosto-2010
"Pensando nos amores que morren baixo as bombas"

Aucun commentaire:

Enregistrer un commentaire