jeudi 21 juillet 2016

LAISSE-MOI DEVENIR L'OMBRE DE TON OMBRE

Homenaxe a Jacques Brel.
Ou comment sentir que nous sommes terriblement humains, imparfaits.
Si. Imperfección, claro que si, e asumida, desde a raíz da miña humanidade.
Quizais, por iso, no meu maxín emerxen imaxes que beben das linguas que me esencializan, galego e francés, con incursións no castelán e no italiano. De todo hai na miña botica. 
Neste preciso momento escoito a peregrina argumentación do voceiro do PP, Tellado, na Comisión 1ª do Parlamento de Galicia, que se fundamenta en louvanza ramplona ao Executivo no tocante ás viaxes institucionais. Xa tiven ocasión de empregar o meu turno de palabra para facer a miña crítica e ofrecer a miña alternativa. Agora, cando escoito a este desastroso orador profanar a quietude argumentativa, preciso refuxiarme, sequera un intre, na poesía e nos versos, e si, pensar en francés sobre o significado exacto dos versos de Jacques Brel na fermosa Ne me quitte pas
Et je commence ce petit voyage qui rend hommage au grand Brel en faisant des petit commentaires et des dialogues en vers. 

Ne me quitte pas / il faut oublier / tout peut s'oublier / qui s'enfuit déjà / oublier le temps / des malentendus / et le temps perdu / a savoir comment / oublier ces heures / qui tuaient parfois / a coups de pourquoi / le coeur du bonheur

Non me abandones / hai que esquecer / todo pode esquecerse / xa fuxe / esquecer o tempo / dos malentendidos / e o tempo perdido / e sen saber como / esquecer esas horas / que mataban ás veces / con golpes de por qué / o corazón da felicidade 

Hai espazo para a liberdade. Por iso, un pode pensar nunha relación de parella que se esvae, sen saber moi ben as causas, entre as mans. Esas mans que, quizais, xa non se entrelazan tanto coma antes. Que experimentan un roce que se distancia. Canto tempo non se perde en aspectos minoritarios? Cantas horas de silencio imposto non se evitarían dialogando? E as interrogantes que rematan por roer o corazón que une a esa parella. 

Et moi, je devine dans mon miroir les tenailles du temps me saisir, tous les jours, avant même de sortir de chez-moi. Mes yeux remplis de désir silencieux. Mes cheveux blanchis et mon corps qui mérite beaucoup plus d'efforts pour maintenir l'énergie du jour. Et dans l'horizon, toujours, le sentiment de l'amour. Sa quête.

moi je t'offrirai / des perles de pluie / venues de pays / où il ne pleut pas / je creuserai la terre / jusqu'après ma mort / pour couvrir ton corps / d'or et de lumière / je ferai un domaine / où l'amour sera roi / où l'amour sera loi / où tu seras reine 

regalareiche / perlas de choiva / chegadas do país / onde nunca chove / cavarei a terra / ata depois de morrer / para cubrir o teu corpo / con ouro e luz / crearei un reino / onde o amor será rei / onde o amor será lei / onde ti serás raíña

E queremos vencer toda lóxica e ser o novo conquistador dese corazón que se distancia, e reverdecer o tempo do amor, cuxo reino teremos que crear nós, coa forza dos desexos e mesmo dos soños, xa que aquí, por desgraza, a realidade impregna con demasiado pragmatismo os xestos e os actos que nos conducen no día a día. Xornadas laborais que son eternas e que inoculan cansancio ata os ósos...
"je t'inventerai / des mots insensés / que tu comprendras / je te parlerai / de ces amants-là / qui ont vu deux fois / leurs coeurs s'embraser / je te raconterai / l'histoire de ce roi / mort de n'avoir pas / pu te rencontrer"

Inventarei para ti / palabras insensatas / que ti comprenderás / falareite / deses namorados / que viron dúas veces / os seus corazóns abrasarse / contareiche  / a historia dese rei / que morreu por non / te poder atopar


O amor é comunicación entre namorados. E sabemos que vai máis aló do evidente. Cando hai amor, hai empatía, hai unha confianza que evita mesmo as palabras. Sabemos e coñecemos. Todo pode renovarse. Eis a lección. Nada é para sempre. Nin sequera a distancia. Sempre podemos andar o camiño que nos leve cara a onde pensamos está o sentido da nosa vida. 

"On a vu souvent / rejaillir le feu / d'un ancien volcan / qu'on croyait trop vieux / il est paraît-il / des terres brûlées / donnant plus de blé / qu'un meilleur avril / et quand vient le soir / pour qu'un ciel flamboie / le rouge et le noir / ne s'épousent-ils pas"

Con frecuencia vemos / como rexorde o lume / dun antigo volcán / tido por demasiado vello / semella que hai / terras queimadas / que dan máis trigo / ca no mellor abril / e cando chega a noite / para que o ceo alumee / o vermello e o negro / non se casan?

De novo, insistimos na idea esencial: todo volve. No fondo, hai unha rememoración do mito do Eterno Retorno, tan ben descrito por Nietzsche. Aquí gustaría, non obstante, desprazar o alcance das imaxes a unha persoa maior, que pensa que o seu tempo para amar xa feneceu. Mais non é certo: abonda coa aparición dunha musa e todo renace. O amor abrolla do fondo da escuridade en que estaba mergullado e todo se abre á luz. 
"je ne vais plus pleurer / je ne vais plus parler / je me cacherai là / a te regarder / danser et sourire / et à t'écouter / chanter et puis rire / laisse-moi devenir / l'ombre de ton ombre / l'ombre de ta main / l'ombre de ton chien"

non chorarei máis / non falarei máis / agochareime aí / para mirarte / bailar / e sorrir / e escoitarte / cantar e rir / déixame ser / a sombra da túa sombra / a sombra da túa man / a sombra do teu can

Extrema submisión para non perder a dona amada. Podemos non aceptar esa imaxe que mesmo cuestiona a propia dignidade. No entanto, podemos xulgar de forma fría ese comportamento? A contemplación do ser amado é chave poética de todos os tempos literarios e culturais. Esa beleza que nos namora é o que nos fai vivir. Entón...todo é pouco para sentir esa vida fluír polas nosas veas. Persoalmente, non creo nas dependencias. Si no amor verdadeiro, libre, que se ergue por riba de fronteiras culturais impostas para expresarse e aniñar no corpo e na pel que amamos. As dependencias conducen á submisión, aos egoísmos e aos ciumes, verdadeiro cancro do que debe ser o amor. 

Claro...sempre poderedes preguntar...pero, que é o amor? 
 



Aucun commentaire:

Enregistrer un commentaire