lammarion, 2015), traducido neste 2016 en España pola editorial Paidós, cun subtítulo que acolle o epígrafe da introdución: Cosmos. Una Ontologia materialista.
Estamos ante unha obra moi persoal do autor, pois non deixa de asentar aspectos que o vinculan como ser humano aos principios filosóficos que describe. A mellor homenaxe que se lle pode facer á filosofía. Michel Onfray reivindica a súa filosofía hedonista, epicúrea, materialista e atea.
No fondo, o libro homenaxea a sabedoría natural, a que non se imposta, a que é, sen querer demostrar nada e, así, co comportamento, coa actitude, demóstranos cal é o mellor camiño para ser unha persoa correcta.
O Prefacio (La muerte. El cosmos nos reunirá) é unha fermosa homenaxe ao seu pai e, de paso, á súa compañeira, se ben, se o primeiro pode velo coma un testemuño, aínda non posúe todas as forzas para entrar de cheo na morte da compañeira, que tinguiu o horizonte presente do autor de inutilidade e incertidume. Por iso, a morte do pai, que naceu o 29 de xaneiro de 1921, co seu exemplo, permite asentar os principios da obra que nos ofrece.
Rescato aquí fragmentos que demostran a importancia do exemplo ético e coherente e a importancia duns mensaxes que non deberan deixar indiferentes sobre a importante diferenza entre ser pai (xa con anos) e ser eses pais-colegas.
- "ha vivido lo suficiente para no ser el incauto que se deja marcar por las falsas ilusiones que la sociedad ofrece por todas partes" (p. 12)
- "él vivía sin preocuparse por ajustarse a las modas" (p. 12)
- "Sin saberlo, me enseñaba así, no mediante lecciones ostentosas, sino con el ejemplo, que él vivía en el tiempo de Virgilio, el tiempo del trabajo y el tiempo del reposo" (p. 12)
- "Me invitó a valorar la rectitud frente a los atajos, lo derecho frente al zigzag,las lecciones de la naturaleza frentes a los extravíos de la cultura, me abrió las puertas a la vida de pie, a la palabra plena, a la riqueza de una sabiduría vivida" (p. 20)



Respirar o ruído e sentir o alento da auga. Arrecende de ecos doutros ritmos. Aí...aí...aínda ten sentido SER HUMANO.
Xabier Ron
20-marzo-2016
Aucun commentaire:
Enregistrer un commentaire