Como un cadáver
suxeito tan só
polo impulso tenue
e apenas visible
da covarde decisión
final
sempre axexante
e sempre relegada
Camiñar sen ter
un horizonte
é como afogar
cando a xistra
dá labazadas
sen clemencia
e o sangue nin flúe
Entón
só entón
cando o son do violín
culmina a súa forza
unha foto
regala o seu sorriso
e vexo os doces beizos
falándome
de nomes
de flores
de árbores
de paxaros
de horizontes
e esperanzas
Agora xa non hai violín
respiro na escuridade
este silencio
sepulcral
e mañá de novo
irei como un cadáver
Aucun commentaire:
Enregistrer un commentaire