lundi 28 juin 2010

UNHA ESCOLA PARA EMANCIPAR? REPENSAR A EDUCACIÓN PARA CAMBIAR O MUNDO

Se nos deixamos levar pola escuridade destes desacougantes días, onde todas as novas veñen a abafar as nosas perspectivas vitais, un podería ter a tentación de sentarse na soleira da porta da casa e ver o tempo pasar ata que, de forma definitiva, pase por riba de nós.

Pero non. Fronte á perfecta estratexia da escola da resignación que é o capitalismo, cómpre pensar e repensar que escola queremos e, sobre todo, que educación queremos e para que.

Dicía, non hai moito, o mestre de mestres que é Herminio Barreiro, que cómpre cambiar a educación para poder cambiar os parámetros que rexen a nosa sociedade. E ten razón.

En efecto, durante moito tempo pensouse que a escola era como unha illa, onde o saber e o coñecer eran a resistencia axeitada para que os e as discentes se puidesen enfrontar ao mundo con garantías. A escola era a forxa da cidadanía crítica e ben informada. Arcadia resistente e utópica ou inxenuidade, o certo é que todo o que envolve á illa-escola (familia; medios de comunicación; sistemas de aprendizaxe e conduta social; etc...) é demasiado poderoso e, por riba de todo, achega o ruído educativo principal co que se configura o alimento do intelecto de alumnos e alumnas.

Fronte a ese ruído cabe preguntarse que facer: se axeonllarse e deixar que o discurso dominante impregne pupitres e libros de texto, ou ben manterse resistentes, críticos co sistema imperante, ben ergueitos, orgullosos do traballo e conscientes do duro labor de educar ensinando.

A primeira escolla responde ao prototipo do que Chomsky define como deseducación, onde o exército de docentes responde aos desexos do aparato burocrático do Estado e desenvolve os preceptos axeitados para que alumnos e alumnas se adapten á vida en sociedade. Programas e leis educativas aprobadas baixo o bisturí do discurso dominante alimentan os seus textos cun argumento tan sensible como competitividade, animando a que alumnado se lance, entusiasta, a competir e demostrar que é o mellor. O triunfo da meritocracia da que François Dubet alerta sobre a súa condición xeradora de desigualdade sobre todo nos “derrotados”, nos “inadaptados”. A adaptación ao medio significa non ver a dimensión crítica da historia e implica a resignación do presente que nos toca vivir.

A segunda escolla inscríbese no sendeiro de pensadores coma Heinz Wismann, onde as tarefas educadoras da escola recollen a forza da etimoloxía. Así, educere, “levar fóra de”, sería un proceso mediante o cal liberamos ao alumno e alumna das forzas do contexto que lle impoñen unha forma de ser e de pensar. Esta escolla procura a emancipación do alumnado. Liberar o pensamento como dirían os mestres da República. Por iso foron os máis represaliados: eran liberadores de pensamento e iso, para o discurso dominante, é insoportable.

Emanciparse significa dotarse de razóns suficientes para analizar criticamente a realidade que nos envolve. Significa non ignorar a historia que nos dá forma como pobo e extraer da memoria o que é xusto.

Dous camiños, dúas opcións: ensinar como adaptarse ou ensinar como emanciparse.

***
Como se pode pensar que as desigualdades socioeconómicas non inflúen na determinación da meritocracia escolar? A nosa experiencia fainos ver que os valores competitivos escolares teñen en conta aos mais favorecidos da estrutura socioeconómica. Unha vez máis.

Os que menos teñen, seguen tendo menos. E as tácticas e estratexias que se supoñen agrupan aos menos favorecidos polo seu ben, son sinxelamente froito da hipocrisía escolar e para dotar as aulas dunha homoxeneidade reducionista, para que non perturbe a preconcebida lección maxistral. O acceso a unha cultura común, a base da fase obrigatoria, vése obstaculizada polo criterio da excelencia e da competitividade. E os prematuros percorridos orientadores estreitan os corredores en vez de amplialos. A propia enfermidade do sistema leva a que a suposta igualdade que conleva o mérito, que reflicte a posesión dun título, reflictirá a nosa posición social. A igualdade de oportunidades estoura no aire da desigualdade económica e social e, ao mesmo, tempo, desfaise nas supostas bondades da meritocracia. Os que menos teñen, seguerán, así, tendo menos. E non poden escoller.

Por iso, nada hai máis urxente que fortalecer o sistema público de ensino en todos os seus parámetros. Pero, hoxe, coa absurda inxección de diñeiro público cara a empresas educativas privadas, esta escola pública xusta, ou o menos inxusta posible, aínda non existe, simplemente. Por acción e omisión dos que teñen o control e o poder neste país. Existen enormes desequilibrios territoriais en medios, recursos e en percorridos. Tan absurdo é todo que ata temos que reivindicar que a escola sexa primordialmente pública. Que sexa un espazo de encontro, neutro en confesións relixiosas, isto é, laico. Un espazo para o coñecemento emancipador. Un espazo para o recoñecemento en si mesmo do respeto intercultural e da diversidade. Un espazo transgresor e creativo, que reduza as numerosas desigualdades sociais e económicas existentes.

Como afirma François Dubet a escola non é unha illa deserta, pero iso non nos exime do deber de contruir a mellor escola posible, sabendo que o mundo é como é e que non o aceptamos como tal.

A escola xusta aínda temos que construila.

(publicado en dúas partes en Galicia Confidencial)

dimanche 27 juin 2010

DEBATE SOBRE A ESQUERDA

Estiven o xoves pasado no debate que organizou a revista TEMPOS NOVOS PARA O DEBATE na sala circular do Auditorio de Galicia. Fun a título persoal, convidado tamén de forma persoal. O tema, desde logo, era interesante: a esquerda a debate, máis ou menos, e coa presenza de varias persoas ás que considero, desde logo, portadoras de signos de identidade de esquerdas: Alfredo Iglesias Diéguez, Lidia Senra, Alexandre Carrodeguas, Xan Hermida, unha persoa que representaba a CUT / FPG baixo a moderación do doutor en xornalismo Marcos S. Pérez. Entre o reducido público asistente -non sei se reducido por convites reducidos ou polo aforo- vin a Mabel Rivera e Enrique Banet.


Escoitei con atención todas e cada unha das intervencións. E fixen anotacións na miña libretiña.


O primeiro, na esquerda somos especialistas en coller o látego e marcarnos as cóstas duramente.


O segundo, baile do discurso entre a teorización clásica da esquerda (Marx, Lenin, Althusser) e unha aplicación en base a concrecións quen de aglutinar ás persoas.


O terceiro, alusións, penso, ao proceso de Refundando a Esquerda..., tanto en sentido positivo como negativo.


O cuarto, a necesidade de marcar diferenciacións forzadas que atomizan: esquerda social vs esquerda política; esquerda partidista vs esquerda social; etc...

O quinto, apélase á necesidade de afrontar propostas comúns e camiñar xuntos...Algún clamaba que non hai alternativa...

**
Podo estar máis ou menos de acordo con algunhas afirmacións, pero non comparto esa "aparente" inquina cara a Esquerda Unida.

***
A atomización social de esquerdas debe rematar. E unirse. Pero, con que finalidade? Debe ser unha finalidade política: influír nas teses e nas praxes das organizacións políticas de esquerdas (e aí, síntoo, non comparto a bonanza "xeral" cara a algunhas forzas parlamentarias galegas) para que, dalgunha forma, o traballo alternativo, o traballo transformador teña algún efecto de realidade.

Pero HAI ALTERNATIVA, por moito que o neguen os neocons e algúns sectores da esquerda social troppo pessimista...

E penso eu, a título só persoal, repito: non será mellor que un proceso coma o da Rolda da Rebeldía iniciado por Encontro Irmandiño (non polo BNG controlado pola UPG, oposto a ese proceso), que o proceso de Refundando a Esquerda, iniciado por Esquerda Unida, se encontren na dialéctica programática e sexan esa casa común da alternativa, transformadora, da esquerda anticapitalista?

O tempo ditará sentenzas, pero ollen a imaxe do sorriso ZP ante Obama no cumio dos ricos que procuran o crecemento (económico, din) a costa dos dereitos sociais e do gasto público...e pensen se realmente pode ser o PSOE (PSdG) anticapitalista. Nin sequera é socialdemócrata. Quen nos dera o que foi esta opción en Suecia. É socialiberalismo. E todas as medidas desta segunda lexislatura son medidas antisociais e que só benefician á sociedade financeira, aos que viven ben e gañan moito diñeiro en época de crise (segundo din eles mesmos).

A crise, coma sempre, a viven os de abaixo.

27-xuño-2010.

vendredi 25 juin 2010

PARA QUE NON BUSQUEN MOI LONXE...A MIN DÉBENME VIXIAR, PERO NON ME CALARÁN

Recibinno hoxe por correo; pode que algúns e algunhas xa o leron, mais o interese do artigo provoca que o recolla íntegro aquí.

Por certo, aqueles que añinda pensades que vivides nunha democracia real...a ver se vos quitades a tontería...

ánimo, sentirédevos mellor...cando menos racionalmente

*****

La UE vigilará a los ciudadanos de opiniones radicales

Entre los logros de la Presidencia española de la Unión Europea , ha pasado prácticamente desapercibida la aprobación de un programa de vigilancia y recolección sistemática de datos personales de ciudadanos sospechosos de experimentar un proceso de “radicalización”. Este programa puede dirigirse contra individuos involucrados en grupos de “extrema izquierda o derecha, nacionalistas, religiosos o antiglobalización”, según figura en los documentos oficiales.
El pasado 26 de abril, el Consejo de la Unión Europea reunido en Luxemburgo abordó el punto del orden del día titulado “Radicalización en la UE ”, que concluyó con la aprobación del documento 8570/10.

La iniciativa forma parte de la estrategia de prevención del terrorismo en Europa, y se concibió inicialmente para grupos terroristas islámicos. Sin embargo, el documento extiende la sospecha de tal forma y en términos tan genéricos que da cobertura a la vigilancia policial de cualquier individuo o grupo sospechoso de haberse radicalizado. Así, un activista de una organización civil, política o ciudadana, sin vínculos con el terrorismo, podría ser espiado en el marco de un programa que invita a investigar desde el “grado de compromiso ideológico o político” del sospechoso, hasta si su situación económica es de “desempleo, deterioro, pérdida de una beca o de ayuda financiera”.

El documento aprobado recomienda a los Estados miembros que “compartan información relativa a los procesos de radicalización”. ¿Qué entiende la UE por radicalización? El texto debería definir el concepto, pues eso permitiría acotar la vigilancia al ámbito del terrorismo islamista, pero no lo hace. Se insta, por el contrario, a considerar entre los objetivos a todo tipo de defensores de ideas heterodoxas. El acuerdo pone también bajo la lupa policial a ciudadanos que defiendan las ideas radicales clásicas, las de aquellos partidarios del reformismo democrático que tanto bien han hecho a la democracia. Incluso podría aplicarse contra quienes se consideren radicales en sentido etimológico, pues “radical” es, ni más ni menos, el que aborda los problemas en su raíz.

El acuerdo pulveriza el espíritu europeo de tolerancia hacia todas las ideas, siempre que se defiendan mediante la palabra pues, en su afán de prevenir el terrorismo, amplia el abanico de sospechosos hasta diluir la notable diferencia entre los medios con que se defienden las ideas y las ideas mismas.

El programa completo de vigilancia está recogido en un documento anterior, el 7984/10, titulado “Instrumento para almacenar datos e información sobre procesos de radicalización violenta”, de marzo de este año. Casualmente, a este texto se le dio carácter confidencial, y sólo se ha conocido gracias a que la organización de defensa de las libertades civiles statewatch.org ha tenido acceso a él y lo ha hecho público. La ONG denuncia que este programa “no se dirige en primer lugar hacia personas o grupos que pretendan cometer atentados terroristas, sino a gente que tiene puntos de vista radicales, a los que se define como propagadores de mensajes radicales”.

Entre los objetivos del documento secreto figura “combatir la radicalización y el reclutamiento”, e incluye alusiones relativas a la persecución de quienes inciten al odio o a la violencia que sí parecen dirigidas a grupos terroristas o filoterroristas. Sin embargo, éstas resultan innecesarias, pues ya están castigadas en la legislación penal de los países europeos. El texto alude indistintamente a la “radicalización” y la “radicalización violenta”, asociando el recurso a la violencia con todo tipo de ideas extremas o antisistema.

El documento invita a los gobiernos a vigilar “los mensajes de radicalización” hasta un punto rayano en la vulneración de la libertad de expresión. El programa invita a escrutar las audiencias a las que se dirigen los mensajes radicales, si éstos apoyan o no la violencia, si existen otros grupos con las mismas ideas que renieguen de la violencia, cómo se transmiten los mensajes radicales, etc.

Al descender al detalle de la vigilancia individual, recomienda investigar incluso los sentimientos de las personas que militen en grupos sospechosos, mediante planteamientos como el que insta a recabar información sobre los “sentimientos de la persona en relación con su nueva identidad colectiva y los miembros del grupo”. Y con preguntas como: “¿Ha hecho la persona comentarios sobre asuntos, principalmente de naturaleza política, usando argumentos basados en mensajes radicales? ¿Ha hecho comentarios sobre su intención de tomar parte en un acto violento?”. De este modo, el acuerdo abre una peligrosa vía de persecución de las ideas, los argumentos y hasta los estados de ánimo.

La reunión en la que se aprobó este programa de vigilancia ciudadana estuvo presidida por el ministro de Asuntos Exteriores, Miguel Ángel Moratinos, ya que España ostentaba la Presidencia de turno de la UE. Asistió también el secretario de Estado para la UE , Diego López Garrido, así como la mayor parte de los ministros de Asuntos Exteriores comunitarios.

http://www.cuartopoder.es/casidesnuda/la-ue-vigilara-a-los-ciudadanos-de-opiniones-radicales/210

mercredi 9 juin 2010

VIAXEMOS XUNTOS AMOR


Vexo o teu sorriso

aínda tenro
aínda
pero existe un maleficio
un raro silencio
vive nos teus ollos

acaso presintes?

xa non me coñeces?

sabes o nome do meu amor?

Podo soportar
a imaxe que devolve o noso espello
no salón dos recordos
esnaquizada
na súa metade

Soportar a idea
de morrer a miña vida
en escuros silencios?


Non podo soportar
a túa soedade desorientada

Non quero deixarte soa

Non quero quedarme só

Viaxemos xuntos Amor

(en homenaxe ao Amor que atou a André Gorz á súa compañeira)

mardi 8 juin 2010

FOLGA NO SECTOR PÚBLICO...U-LA UNIDADE DE ACCIÓN SINDICAL?

Día importante. Día de paro na función pública. Motivos? Sobrados e clariños: unhas medidas antisociais decididas de forma unilateral polo goberno ZP, a través dun decreto, escoitando os consellos dos grupos de presión neoliberais (FMI, Comisión Europea, ...), e prescindindo de escoitar as voces que están á súa esquerda, que tiñan outras medidas para favorecer a entrada de ingresos na facenda pública e xa expostas.

Pero, sen dúbida, amais desta forma de proceder, o motivo esencial vai máis aló do recorte salarial, que tamén [habería que pensar, entón, quen defendería aos pensionistas, e penso que deben estar sempre na nosa mente, pois son clase traballadora que repousa de forma merecida e que, no entanto, non disfruta da mellor pensión como para que, por riba, se conxelen].

Refírome, por riba de todo, ao ataque que representa ao sector público, á función pública. O discurso de degradación do público empregado pola dereita económica e social impregnou as consciencias das xentes. E nesa degradación introduciuse unha estratexia de confrontación entre clases traballadoras que en nada benefician: entre os que están no sector público e os que están no privado. Esta estratexia beneficia a fragmentación da sociedade e posibilitará, se non o remediamos, a aceleración das medidas de degradación do público. Se temos á sociedade convencida de que o público é ineficaz e ineficiente, de que a clase funcionarial é toda unha parásita...., o golpe de gracia que representa a privatización será máis doado de dar. E nesta sintonía camiñan xuntos, non nos enganemos, PSOE e PP...[o anuncio de Feijoo de aplicar o recorte a todos por igual é simplemente desastroso e non ten en conta as realidades dos diversos tipo de funcionariado en Galicia].

Unha crítica: falta moita pedagoxía nos sindicatos. Cómpre explicarlle á sociedade que non é só por diñeiro, que é polo fortalecemento do sector público. E cómpre facerlle ver que, coa privatización, acaban perdendo, sempre e en todo momento, a clase traballadora.

Iso é o que está en xogo para min: a existencia mesma do sector público.

E fronte a iso...que me atopei en Compostela? Unión sindical na USC, e aí estaban diante do Rectorado concentrados..., pero non moitos, se ben os números indicaban un seguemento elevado....; pero aí rematou a unión sindical. Logo, ás 11h diante de San Caetano, concentración de CC.OO. sen UGT, que se desmarcou ou que rachou a unidade (xa fragmentaria); e ás 11h30 no Toural a CIG que faría a súa manifestación até San Caetano.

Pregunta: porque o que se acadou para a USC non se acadou a nivel xeral? Aos ollos da sociedade galega non sería máis importante ollar que en todas as vilas galegas a acción sindical era unitaria?

6-xuño-2010

lundi 7 juin 2010

ARMAS, ARMAS = MORTE E DESTRUCIÓN, U-LA PAZ?

Agora que vai ir adiante en Galicia, no día de hoxe, unha Lei necesaria para unha Cultura de Paz..., penso: con tanto gasto armamentístico (50 tanques vai comprar o goberno ZP para mandalos a Afganistán, por exemplo) en todo o mundo...é realmente posible avanzar nunha cultura de paz? co sistema capitalista que proclama a máxima competitividade é posible a cooperación que reclama a paz??

Datos de Santiago Alba Rico:

"Los gastos militares en todo el mundo aumentaron en 2008 un 4%; en la última década un 45%; este año alcanzan ya la cifra de 1.460.000 millones de dólares. EEUU, principal fabricante, venddor y consumidor de armas, cuyo presupuesto en educación es también el más alto del mundo, gasta en la formación de un niño estadounidense la mitad de lo que gasta en la destrucción de dos niños iraquíes. ¿Quién fabrica las armas? La General Electric o la Westinghouse. ¿Quién fabrica a los niños? La NBC, la ABC, la CBS, la Fox, que directa o indirectamente están en sus manos. De algún modo, en la mayor parte del mundo, los productores privados de armas y los productores privados de acaloramientos son las mismas personas. La destrucción y la educación no son controladas por Estados justos y democráticos, sino por la industria bicéfala de las armas y el entretenimiento, que se alimentan recíprocamente"
(El naufragio del hombre, pp. 64-65)

dimanche 6 juin 2010

QUE NON NEGUEN A NOSA ALTERNATIVA, POR UNHA ESQUERDA TRANSFORMADORA, ANTICAPITALISTA

Bos días a todas as persoas aquí reunidas, de seguro que compartimos hoxe soños e esperanzas e, diso estou tamén seguro, o noso corazón latexa na esquerda

Teño que dicilo de forma sinceira: estou emocionado e tamén expectante, coma vós. Non sei se acertarei ou non, pero non sei falar de política e de sociedade sen empregar a literatura, sen empregar a poesía que flúe. Agardo, de verdade, que as miñas humildes reflexións se inscriban no sendeiro da presentación que acabamos de ollar. De non aceptar o novo contrato social e rachalo para escribir as liñas dun contrato máis xusto, máis respectuoso coa nosa condición.

Vivimos tempos de delirio e alucinacións: pensar que o capitalismo é a condición necesaria para a Democracia e para a Política (con maiúsculas ambas): por favor!!! collamos unha enorme vasoira e comecemos a varrer cara á esquerda para limpar a nosa casa, a casa da esquerda.

Fago miña a vosa vontade, sei que a compartimos: non cabe máis rendicións perante a destrución sistemática de todo aquelo que nos dignifica como seres humanos na Nai Terra: os voitres sobrevoan as nosas vidas cobizando os restos do que aínda nos queda de humanidade; devecen por ver como nos axeonllamos ante o seu poderoso vó; saben que temos medo, medo a perder o traballo, medo a non ter traballo, medo á crise, medo a esixir dereitos, medo a ter medo... estes múltiples medos encadeantes róubannos até a esperanza e fan palidecer a nosa dignidade.

Nunca a palabra crise foi empregada con tanta énfase, e con tanta eficacia, dito sexa de paso; pero, se en verdade esta palabra significa na súa orixe grega, “decisión”, considero que xa vai sendo hora de que tomemos a decisión de plantarnos, de non retroceder máis e, ao contrario, avanzarmos collidos e collidas da man se é preciso cara adiante sen medo, para ofrecer a nosa resistencia, para non resignarnos á perda do que nos queda de humanidade.


Temos a obriga de recompoñer e recuperar das redes do engano e da manipulación termos como “fraternidade”, “igualdade”, “liberdade”, “solidariedade”, “cooperación”, “participación”, “cidadanía”, “democracia”, “ben público”, “redistribución da riqueza” e tantas outras palabras que foron secuestradas polo capital e polas dereitas económica e social: ata iso fixeron, e deixámolo facer: roubáronnos as palabras para deixarnos sen definicións; e perdimos o tempo en discutir entre nós, por matices, por dogmas, por personalismos, por cuestións realmente secundarias.

E mentres, que facían os voitres? Con intelixencia estratéxica, fixéronnos, máis ben fixéronlle crer a algúns, que era posible remedar, reformar, domesticar o capital, darlle unha faciana humana; pero todo isto é mentira, é imposible: o capital só procura beneficios e lucro en constante crecemento e a unha velocidade cada vez maior, tan elevada que nos esquecemos até de vivir a vida, de amar a vida, de pensar e falar do substantivo; e que sucedeu cos remedadores? Permitiron todos os atropelos posibles e mesmo, desde hai tempo, comezaron a empregar o ben público acadado co noso esforzo e coas nosas históricas loitas para reparar as burbullas sen aire do capital; así é como se escribe a rendición, porque, ao contrario do que pensaban e aínda pensan os remedadores, foi o capital o que domesticou, coa axuda dos mecanismos de persuasión axeitados, consciencias, actitudes e hábitos. Hoxe un centro comercial substitúe as prazas públicas e o diñeiro é a palabra que circula nas súas amplas rúas artificiais de luces sen alma.


Non queda máis remedio: plantémonos, vaiamos de fronte; sumemos os nosos esforzos na dura tarefa que nos queda por diante: non se trata dunha cuestión de pasaxes para mediáticas portadas ou para protagonismos: trátase de ser sinceiros e transparentes no diálogo, na reflexión, no encontro, na cooperación, na construción e na recuperación das nosas definicións; recuperemos os tempos da palabra para chegar a acordos, para lanzarnos á rede do enfeitizo que é a nosa esquerda.

Si, plantémonos, non deixemos que sigan negando a nosa afirmación, a nosa alternativa. O pobo quere esquerda, Temos que darlla. Entre todos e todas deamos un aire novo ao noso país. Transformemos as esquecidas prazas públicas no espazo onde conflúa o novo sentir do ben público, do ben de todos e todas, onde todas as persoas sexamos o importante e non a cantidade de diñeiro que un leva no peto. Recuperémonos da quebra da nosa dignidade agora encadeada aos índices da Bolsa e do Señor Mercado que tanto adoran os voitres.


Algo se fixo nestes meses pasados, mais iso non é nada, nin sequera este acto é nada, seráo se realmente somos quen de trascender e impregnar a sociedade, se somos quen de que a sociedade comece a poboar a nosa praza pública, de que a sociedade empregue un discurso alternativo que fale de persoas antes que de finanzas; se somos quen de artellar os piares dun mundo máis xusto e máis habitable; en definitiva, se somos quen de ofrecer ao pobo galego unha alternativa, de esquerdas, transformadora e anticapitalista.

Hoxe falo desde o convencemento de que estades aí escoitando, tamén emocionados e emocionadas, porque desexades abrazar este compromiso, porque sabedes que se non o facemos o naufraxio do ser humano está garantido.


Utopía? Dicides? Pero esta Utopía aliméntame. Se non considerara que os tempos son chegados, que temos que sumar esforzos para refundar a esquerda, sería mellor, como di Susan George, imitar aos que vivían na época da peste: facer festa, beber e encherse mentres agardaban a chegada da Parca. Pero non, penso que debemos aproveitar as nosas enerxías vitais e traballar arreo para deseñar, entre todas as persoas e organizacións que así o queiran, os piares que asenten a alternativa e transformen a sociedade capitalista nunha sociedade máis xusta e habitable. E se fracasamos, poderemos dicir que fixemos todo o posible e que caímos de forma honorable.

Moitas grazas a todas e todos por escoitar estas humildes reflexións.
Xabier Ron
(Lido no acto de Refundación da Esquerda no Teatro Principal de Compostela, o 5 de xuño de 2010)

vendredi 4 juin 2010

TREMENDO ANTE OS DATOS DO CAPITAL E DA NOSA INDIFERENZA

Recollo nestes días de pouco tempo para reflexionar como a min me gusta (i.e. durante horas, andando en bici ou paseando, onde transformo as miñas lecturas e pensamentos en escritos que vou re-creando mentalmente) moitos datos do libriño de Santiago Alba Rico e Carlos Fernández Liria, El naufragio del hombre.

Fareino ao longo de varios días para non saturar a lectura e os meus dedos co teclado:

"la tercera parte de la cosecha mundial de cereales sirve para engordar los animales que nos comemos los occidentales (1 kilo de carne por persona y día los estadounidenses, más de 1/2 kilo los europeos) y bastaría reducir un 10% la producción de pienso para dar de comer a la tercera parte de los 1.000 millones de personas que, según la FAO, pasan hambre en el mundo" (p. 21)

"la hambruna extrema y la extrema abundancia producen los mismos síntomas: la necesidad del canibalismo y el desprecio por todos los lazos humanos" (p. 25)

"En España hay más teléfonos celulares que habitantes y los españoles cambian de modelo cada seis meses; cada seis meses mueren 200.000 congoleños extrayendo el coltán necesario para fabricarlos" (pp. 25-26)

"la tolerancia total es en realidad total indiferencia. Podemos tolerarlo todo porque todo nos importa lo mismo; es decir, nada" (p. 32)

4-xuño-2010

AS DIFICULTADES DE AMOSAR(SE)

Hai organizacións heteroxéneas que pretenden amosar(se) como un monolito, ignorando que a pluralidade non significa unanimidade e que a unidade non se vé por iso debilitada, nin posta en perigo. O debate dá(lles) medo.

Mañá terá lugar no Teatro Principal de Compostela a presentación dun acto que quere recapitular o camiño andado até o de agora polo proceso Refundando a Esquerda, ao que prefiro designar como grupo.

Pero hainos que non saben de política. De feito, neste país hai moitísima ignorancia política e, coa escusa dun nacionalismo rancio, malentendido, e que é idéntico na súa matriz ao nacionalismo opresor, colonial, impiden calquer avance.

Consideran que teñen a patente da lingua e da cultura...e moitos, penso eu, nin sequer saben máis que o xustiño neses eidos e que, desde logo, len pouco e fórmanse menos.

Non vou nomealos, saben moi ben quen son e o que son capaces de facer para impedir que se visibilicen movementos á esquerda do capitalismo. Eles, por moito que o neguen, representan outros intereses debido a que están na escena da institución representativa galega. Eles, cos seus actos, están destruíndo a riqueza plural que tiñan dentro do seu bandullo e xa podemos ollar como se ningunea a unha das cabezas pensantes máis brilantes da intelectualidade galega (que tivo seus erros, si, pero que soubo, creo, rectificar) e como se dan, ben erguidas ao ar resonante dos medios, pelexas con policía mediante entre os falsos unanimistas.

Caerán polo seu propio peso. Pero mentres, deixan en mans da dereita, do capitalismo máis brutal o control das nosas vidas.

Eu, sinxelo, non quero isto, prefiro facer o esforzo de traballar e sumar a todas aquelas persoas e organizacións que queiran sumarse ao proceso de refundar a esquerda e de achegar o seu gran de area na dura, na cáseque imposible tarefa de plantar cara ao capital e dicir que basta xa de atropelos.

Eu, sinxelo, non teño medo de amosar(me) tal como son: de esquerdas, anticapitalista, comunista, pacifista e intercultural. E non vou finxir por posibilismos, coma eses falsos profetas.

4-xuño-2010