A
dous metros
conxeados
no silencio
os
pasos que non damos
por
medo
ese
poderoso virus
roe corrompe
Dorme
asustado
o
alento que nos fai
A
pel busca unha calor
que
o medo impide
e
as caricias
a i r e
xogan
coa forma
da
confesión
do
amor
e
c
o
dun
tempo pasado
Na
ringleira
contamos
os metros
coma
se fose unha conta atrás
e
recuamos
vomitaron
tantos
números
e sancións
que
asulagaron a razón
A
dous metros
forzamos
as conversas
perden
o tacto
íntimo
todos
escoitan
o
de todos
algúns mesmo
sospeitan
mesmo algúns
axexan
cazadores
da desesperanza
e
da fuxida do gran cárcere
A
dous metros
ti
e eu
nunca
nos amaremos
Se
o medo acoitela
como
vivir a paixón?
Maldigo
o sexo virtual
canallada
dos que gozan
con
esta enorme cadea
Ao
saíres entre a grella
ollas
os balcóns e as fiestras
entre
as cortinas
asoman
mans e facianas
furtivas
covardes
temerosas
anónimas
E
desexarías sobrevoar
o
monte coma sempre
aí
onde a ninguén
lle
interesou chegar
explorar
a liberdade de ser
humano
e sentir
o
osíxeno puro
entre
os sendeiros
explorados
tan só
por
almas intrépidas
Xabier
Ron
Brión,
19/04/2020
Aucun commentaire:
Enregistrer un commentaire