Datos
oficiais a 22 de abril do 2020 (os datos de poboación son os de 2019
para todos)...marco a diferenza de crecemento entre os datos do 16 e
os do 22...
Desde
sempre resultáronme interesantes estes traballos de ver como avanzan
os datos, desta volta despois de 6 días. Isto permite ver a
incidencia e eficacia das restricións, tanto no grao severo coma
flexible.
Mais tamén porque ver a unha articulista de La Voz de Galicia dicir, pouco máis, que ela non quería ser sueca porque aí se deixaba morrer aos seus habitantes, parecíame pouco serio e afastado dos datos reais a pouco que se ollen sen exaltacións propias do sentimento nacionalista español, tan de moda ultimamente.
Os datos demostran, mais unha vez, o comportamento exemplar de Corea de Sur, pois non se move na porcentaxe ínfima de contaxios con respecto ao total da poboación e moi pouco na taxa que compara falecementos con casos positivos confirmados.

Interesa
tamén confirmar o paralelismo en canto a contaxios entre Dinamarca
(restricións severas) e Suecia (restricións flexibles), se ben o
comportamento de defuncións é máis grave no caso de Suecia.
Aínda
así, se fixéramos a conta de ver canto é a porcentaxe de falecidos
por coronavirus con respecto ao total poboacional, sáenos un 0,017
en Suecia e en Dinamarca un reducido 0,006. En España sairía un
0,046...sempre por diante dos países nórdicos...tanto de Dinamarca
coma de Suecia...(de facer a articulista da La Voz estes cálculos
non diría as tonterías que escribiu).
Alemania
segue mantendo unhas porcentaxes estables no sentido de que seguen
sendo máis da metade inferiores á española (0,178 fronte ao
0,44%).
De
maneira máis ou menos semellante, podemos citar a Portugal que, se
ben con moita menos poboación, mantén unha porcentaxe de contaxios
a metade inferior a España e unha taxa de falecementos á altura de
Alemania.
Polo
tanto, non hai datos que invaliden as estratexia de Alemania ou
Suecia, máis flexibles no tocante a control de mobilidade persoal e,
polo tanto, máis respectuosos con dereitos e liberdades. A terapia
de test masivos + localización e control dos grupos transmisores
revélase -ao meu humilde entender- como a máis equilibrada.
De
feito, Suecia non interrompeu o ciclo vital en ningún eido, só
ponderaron os encontros multitudinarios reducindo aforo de
asistencia, pero a vida seguiu máis ou menos intacta, polo que non
van padecer ningunha síncopa. Alemania abriu o 20 de abril lugares
como talleres, librerías, perruquerías, e o 4 de maio anuncian un
retorno pausado ás aulas, ao igual que Portugal. Nós seica, seguiremos con Estado de Alarma até o 9 de maio...
Aucun commentaire:
Enregistrer un commentaire