Paul
Valet, seudónimo de Grzegorg Szwarc/Georges Schwartz, foi unha
persoa extraordinaria que coñeceu o abafo do pensamento único, do
pensamento dominante.
Exerceu
a arte poética recortando o ruído das palabras até deixalas
limpas, para que recreasen a esencia da vida. Sobre a súa vida só
dicir que practicou a xenerosidade e a solidariedade até
consecuencias que algúns definirán como tráxicas. Pero el era así,
fuxía de privilexios e de egos, todo o contrario de hoxe. Desde a
homeopatía non reparou en Don Diñeiro e sempre atendeu a aqueles
que menos tiñan no reparto da tarta no barrio empobrecido de
Vitry-sur-Seine, no Val du Marne.
Emile
Cioran definíao coma o 'eremita de Vitry', "un dos homes máis
realizados que coñeza. Non posúe nada, mais goza do esencial,
da única vantaxe que xustifica o rexeitamento do suicidio: a
soidade". Esta é a mellor forma de caracterizalo. O esencial
tanto na arte poética como na arte de vivir e de estar no mundo.
En
1941, ao mesmo tempo que a súa irmá (Roma), o seu pai (Jakob) e a
súa nai (Sara) eran asasinados no campo de concentración de
Auschwitz, el loitaba nas ringleiras da Resistencia contra o inimigo
nazi.
Sempre
tivo ideas fraternas, moitas delas chegadas despois de escoitar a
personalidades comunistas logo dos procesos revolucionarios de
Febreiro (con Kerensky) e Outubro de 1917. Personalidades como
Trotsky, Zinoniev ou Kamenev, aos que Stalin eliminou. Cómpre dicir
que o noso autor naceu en Lodz (Poloña), mais que medrou en Moscova,
o que lle permitiu ser un auténtico políglota ao coñecer o ruso, o
polonés, o alemán e o francés.
En
1919 tivo que exiliarse, o bolxevismo tomáraa co seu pai, ao que lle
expropiaron os seus bens, en tanto que comerciante e industrial, e a
fame era a compañeira inevitable dos seus días. O
30
de decembro de 1930, casa con Chaïa Tenenbaum, a súa compañeira,
que tamén loitaría na Resistencia co nome de Alinecoa e coa que
viviu máis de medio século na casa de Vitry-sur-Seine.
Cando
remata a guerra en 1945, coñecedores da súa valía, membros do PCF
convídano a unirse ao partido. El, de ideas fraternas, sempre
declinou o convite, tal como deixa constancia esta Reposta a Paul
Éluard (outras das marabillosas voces da poesía francesa do
século XX) da que recollemos só estes versos que traducimos:
"E
cando di vostede
que
só temos razón de ser
con
respecto aos demais seres
ten
vostede razón
(...)
Pero
sei
que
unha aperta fraterna sen patria nin partido
é
máis forte que todas as doutrinas dos Doutores"
En
1946 comeza a exercer a medicina homeópata e dous anos despois, en
1948, publícase o seu primeiro poemario Pointes de feu
(Puntas de lume), o que non significa, loxicamente, que se iniciase
daquela, ao igual que na pintura, xa que Valet tamén nos deixou
centos de cadros (uns 400). A primeira vez que se espuxeron cadros
seus foi en 1955 grazas a Yvonne Zervos, amiga de René Char, gran
poeta tamén.
Entre
a súa forma de ser, o seu estilo vital e social, os seus problemas
de equilibrio, deseguida foi considerado un 'tolo', aínda que era o
'mal de Charcot', unha serie de trastornos hereditarios que afectan
aos nervios periféricos, o que aceleraba a percepción negativa que
se tiña del.
Loxicamente,
tampouco se lle perdoaba que fose o fustrigador das Usines du Rhône,
conxunto industrial contaminante. Ecoloxista cando ninguén usaba ese
vocablo que hoxe visten algúns como visten roupa de moda, dennunciou
o veleno que saía dun produtivismo voraz que enchoupaba a terra e os
pulmóns das persoas. Produtivismo eloxiado daquela por partidos e
organizacións que hoxe están destoutro lado da barreira. Rectificar
é de sabios din, pero tamén non crucificar a ninguén por ir en
contra do pensamento único.
Viviu
con austeridade, coma un pobre din uns, e loitou só. Paul Valet
estivo só co seu NON a ese modo de vida, tal como hai que dicir NON
a este modo de vida -herdeiro acelerado do que denunciara Valet-, que
nos conduciu a este cárcere social, que merma dereitos e calidade de
vida...paradoxalmente para salvarnos a vida.
Louco
ou non, frecuentou hospitais psiquiátricos e morreu en febreiro de
1987.
Recoñecemos
que a súa personalidade nos atrapa. E quizais por iso, en pleno
confinamento, comezamos o proceso de traducir ao galego parte da súa
produción poética. Hoxe, comezamos por ofrecer aquí o inicio do
poemario Lacunes (Lagoas) contido no libro: La parole qui me porte
et autres poèmes (2020).
ESPAZOS VAGABUNDOS ESPACES VAGABONDS
Sortir de sa peau
comme
une vaine parole
Saír
da propia pel
como
palabra baldía
Être
pauvre en leçons
enseigner
les lacunes
Ser
pobre en leccións
ensinar
as lagoas
Pensées
infaillibles
oiseaux
migrateurs
Pensamentos
infalibles
paxaros
migradores
La
naissance et la mort
deux
portes siamoises
Nacemento
e morte
dúas
portas siamesas
Un
cercle vicieux
est
un cercle parfait
Un
círculo vicioso
é
un círculo perfecto
Le
serpent se mord la queue
l'homme
se mord les doigts
A
serpe mórdese a cola
o
home mórdese os dedos
Le
libre choix
méconnaît
son arbitre
A
libre elección
descoñece
o seu albedrío
Chaque
homme
est
toujours à sa place de choix
Todo
ser
está
no lugar elixido sempre
D'échec
en échec
la
route est sûre
De
fracaso en fracaso
o
camiño é seguro
(Et cela suivra dans un livre...si le hasard habite en nous)
Aucun commentaire:
Enregistrer un commentaire