mercredi 11 octobre 2023

O AMOR MÁIS FERMOSO NO MEDIO DA MÁIS ABSOLUTA DEVASTACIÓN

NAOS - Arquitectura & Libros - · ESPAÑA PRIMER AMOR · POZNER, VLADIMIR:  SEIX BARRAL EDITORIAL, S.A. -978-84-322-4253-3

 Unha lectura imprescindible. Unha prosa sinxela pero áxil e ben estruturada. Unha historia fermosa e chea de dor. Tradución do libro de Vladimir Pozner que agardou moitos anos en ver a luz desde 1965. Os acontecementos que conta son os de xaneiro de 1939, os da Retirada e a persecución asasina dos franquistas ben acompañados por fascistas e nazis. Persecución que se viu axigantada no terror polo atranco na fronteira primeiro, o desarme despois, e a reclusión en campos de concentración como Saint-Cyprien ou Argelés-sur-Mer. 

A historia que nos achega Vladimir é a de Pierre Guette, un pintor francés que acompaña no seu destino aos españois que fuxen de Franco no campo de Argelés-sur-Mer. Pierre busca a Vladimir, que tiña a misión de liberar as persoas que puidera dos campos, porque non se quere ir sen Pilar, o seu amor....

"Me describió durante horas el afecto de un alma, los repliegues secretos de un corazón, el contorno y la textura de una mano, pero de su desaparecida tan solo sabía su nombre" (p. 41)

Un amor de  trincheira improvisada coas súas propias mans. Pero o día despois de que os seus corpos se estreitaran nese improvisado refuxio de terra, ela desaparece:

" No necesitaba decirle nada a Pilar, lo sabía todo, salvo mirarla; inmerso en las tinieblas, la veía con los ojos cerrados. (...). Cuando Pilar se halló desnuda, vuelta sobre su cadera, estrechada contra él, tan desnudo como ella, desde la punta de su pelo revuelto hasta sus pequeños pies, ambos inmóviles en una oscuridad que no dejaba ver nada en absoluto, medio calentados, medio dormidos..." (pp. 94-95). "Lo único cierto era que había dormido junto a Pilar con el cuerpo de ella pegado al suyo" (p. 96). 

 Ela desaparece. El non deixa de buscala coa axuda de Vladimir en Argelès-sur-Mer onde se recluían milleiros de persoas que soñaban coa súa terra, cunha España liberada e nos arredores de Colliure (onde morreu Antonio Machado), Montolieu e Perpiñán. "Nada le importaba salvo Pilar. Tenía que volver a verla como fuera..." (p. 111). Mais todo será en van, non logra o seu desexo. 

 O trasfondo dos nosos refuxiados e refuxiadas condeados a todo tipo de maldades por falta simple de humanidade e pola grave acusación "sóis todos unos rojos" que xa permitía todo tipo de violacións. Onte fomos nós, os de España, hoxe son os empobrecidos do sur e o destino que lles damos e que queremos seguir dando con máis insistencia son: gaiola burocrática para dificultar o dereito de asilo; e até 18 meses en campos de concentración...

VLADIMIR POZNER 

Nace en París en 1905. A súa familia vive entre Francia e Rusia. En 1917 vive a Revolución de Outubro en Petrogrado. En 1921 regresa a Francia e realiza estudos na Sorbona e traduce autores como Tolstoi e Dostoievski. En 1939 traballa pola liberación de intelectuais republicanos españois retirdos nos campos de concentración do sur de Francia. Antifascista, comunista e xudeu, aínda coñeceu o odio da OAS logo da guerra de Arxelia de 1959 e pasa tempo en coma despois de que estourara unha bomba na súa casa. Morre en París en 1992. 

 Vladimir Salomonovitch Pozner - Wikipedia, la enciclopedia libre

Aucun commentaire:

Enregistrer un commentaire