vendredi 13 octobre 2023

NUNCA UN PRIMEIRO MINISTRO TAN CUESTIONADO SE VIU FAVORECIDO POLA VIOLENCIA

Sabemos que o título pode ser demasiado longo, mais é realmente o que aconteceu durante máis de medio ano en Israel: o cuestionamento do primeiro ministro Benjamín Nentanyahu a través dunha morea de actos de protesta e contestación social; e a súa radical recuperación coa resposta dada ante o ataque de Hamas en territorio israelí. Mera casualidade?

O que imos dicir apóiase nun artigo de Charles Enderlin, "Rebelión histórica en Israel", publicado en Le Monde Diplomatique deste mes de outubro (pp. 6-7) e nas nosas propias reflexións ante as reaccións do mundo occidental ante o ataque de Hamas e a resposta -proporcionada?- de Israel. 

 Charles Enderlin non é un neófito. Xornalista en Xerusalén, coñece moi ben a realidade de Israel da que nos informou nun libro:  Israel, l'agonie d'une démocratie (Sueil, Paris, 2023). 

O artigo resulta aínda máis interesante cando se elabora xusto antes de que Hamas decidise aplicar a súa particular vinganza aos anos de bloqueo. 

Comeza o autor por lembrarnos o esencial: "Jamás en la historia de Israel se han conocido manifestaciones populares tan multitudinarias, tan políticamente comprometidas y tan prolongadas en el tiempo". Acontece todos os sábados a última hora da tarde e a xente protesta contra as intencións do primeiro ministro de reformar o sistema xudicial -crebando a separación de poderes- e para beneficio do executivo, apoiado, non o esquezamos pola extrema dereita. As xentes berran "Se non hai igualdade, tumbaremos ao Goberno". Berro evidente. Berro que hoxe é xa pasado. 

Púxose en marcha un movemento cidadá bastante heterodoxo, pero que ten un principio no nome que os agrupa: "Hofshim be Artzenou" (Libres na nosa patria). Un movemento en principio a favor da democracia. 130 asociacións locais e 140 organizacións nacionais uníronse ao movemento. 

E casualidade que este movemento cidadá de contestación social agora sexa sepultado baixo a violencia? Casualidade que o primeiro ministro e a extrema dereita nese goberno se vexan agora pouco menos que reconducidos a heroes que van salvar a patria?

O outro tema destacado por Charles Enderlin éo o dos reservistas. Hoxe sabemos que son 300.000 os que agardan unha orde para entrar a saco en territorio palestino e eliminar non só a Hamas senón ao pobo palestino que xa se encamiña a refuxiarse (máis de 300.000 nestes poucos días) ante o inferno aéreo. 

Casualidade que antes desta fatídica data de outubro (7 de outubro, cando Hamás lanza o que denominan "Operación Tormenta de Al Aqsa"), milleiros de reservistas decidisen suspender a súa participación no servizo militar voluntario? O nacionalismo radical alentado pola extrema dereita, que caracteriza aos colonos que se instalaron en territorio, estabase manifestando en episodios de ataques contra os propios reservistas acusados de seren 'brandos' cos palestinos. 

Casualidade? Non o cremos. A franxa de Gaza habitan 2Millóns300 mil persoas nun territorio de 365 Km2. Israel bloquea a franxa desde o 2007. O 80% da poboación depende das axudas humanitarias e 1 millón de persoas necesita asistencia alimentaria cotiá. Por non ter, case non teñen auga corrente nas casas. Existe un control total...e o mellor servizo de espionaxe do mundo quere facernos crer que non coñecían o proceso de abastecemento de armas que levaba a cabo Hamas e que a consecuencia sería o que foi???

Lembremos que no 2014 Israel lanzou a "Operación Marxe Protectora" que supuxo a morte de 2000 persoas, das que un 70% eran civís. Pasou algo na Comunidade Internacional que afectase de verdade os movementos do executivo israelí? 

Que agardan Hamas e Israel? Os primeiros queren 'desocupar' a franxa e facer que os colonos israelís se retiren: recibirán a axuda declarada de Hizbulá? Apoiará abertamente Irán esta operación? Pola súa banda, Israel quere completar o seu proxecto de anexión e aproveitará a ocasión non só para eliminar Hamas, senón a canto palestino estea no camiño, un verdadeiro e novo xenocidio. Os crimes de guerra que están sempre presentes na Franxa quedaranse curtos na súa definición.

Por onde pasa a solución? Diálogo de Paz verdadeiro e dous Estados soberanos en condicións de igualdade e dispoñibilidade territorial de recursos e regreso dos millóns de refuxiados (Resolución 194 da ONU de 1948)

En certo modo, non foi iso o que ditaba a Resolución 181 (II) de 1947? Un estado árabe e outro xudeu ao que se lle daba un 54% do territorio. Unha vez creado como por maxia en territorio palestino como é posible que sexa o pobo palestino o que malviva en 365 km cadrados e con asentamos constantes de colonos israelís. Na guerra de 1948 Israel xa chega a ocupar o 77 por cento. Iso non era o acordado. Para sabermos algo máis, atendamos a un informe de Amnistía Internacional:

"para los palestinos esta guerra fue la "Nakba" (desastre o catástrofe). Más de la mitad de la población árabe fue expulsada o huyó del territorio. Otras fuentes de Naciones Unidas hablan incluso del 85%. Entre 700.000 y 750.000 palestinos y palestinas fueron expulsados de sus hogares, perdieron sus tierras y se convirtieron en refugiados en países árabes vecinos, o desplazados en Gaza y Cisjordania. Esta categoría jurídica se extendió a sus descendientes y, más de 70 años después, la cifra de personas refugiadas supera los cinco millones. Se trata de la población refugiada más antigua de la historia moderna y uno de los principales focos de debate del conflicto, ya que la Resolución 194 de la ONU, de 1948, reconoce el derecho de retorno e indemnización de las personas refugiadas palestinas de aquel conflicto. Y también se lo reconoce a sus descendientes. Setenta y tres años después, la resolución sigue sin cumplirse".

E así...os occidentais, quizais pola súa mala conciencia ante a inacción durante o Holocausto nazi, ou tamén pola súa teima colonial e racista...permiten esta barbarie. 

 La historia de la Franja de Gaza, el antiguo territorio del Imperio Otomano  que los palestinos consideran "la mayor cárcel al aire libre" del mundo -  BBC News Mundo

Que aínda se incrementa en 1967 coa Guerra dos Seis Días cando Israel ocupa toda a franxa de Gaza e Cisxordania e se produce un novo e masivo éxodo dun medio millón de palestinos. Aí, e desde hai máis de cincuenta anos comeza o asentamento ilegal de colonos en terras palestinas. E deixamos o problema de Xerusalén Este, que para os palestinos sería a capital dun estado palestino libre, pero que está toda ela anexionada por Israel en 1980 que tamén a considera a súa capital. 

Os Acordos de Oslo de 1993 aí recoñecía a ONU a existencia do Estado de Palestina, pero non se levou a cabo o proceso. No ano 2000 tiveron lugar os Acordos de Camp David que tampouco conducen a nada. O que si se fixo en 1993 foi dividir o territorio en tres zonas, como recolle o informe de Amnistía Internacional:

  • Zona A: baixo control civil e militar da Autoridad Nacional Palestina.
  • Zona B: baixo control civil palestino pero baixo control militar palestino-israelí.
  • Zona C: baixo control civil e militar israelí. Cando se fala da Cisxordania ocupada é desta zona á que se refiren, aínda que hai áreas da segunda zona tamén

Das tres zonas, a zona A é a menor. Nela, ao igual que na zona B, están as principais cidades, campos de refuxiados e pobos palestinos, que supoñen alrededor del 95% da poboación, pero só o 40% das terras.

La zona C, baixo control civil e militar israelí, comprende o 60% restante das terras de Cisxordania, incluídas todas as reservas de terras e todas as estradas principais, pero é inaccesible na súa maior parte para a poboación palestina. Os recursos chave para a vida, como a auga o saneamento, están nesta terceira zona.

Ben, que pensen as xentes se se pode vivir así. Gaza é considerado o cárcere máis grande do mundo. E a nós, occidentais, en xeral...'nos la sopla'. 

 Guerra Israel-Palestina: el motivo que explica el conflicto en la Franja de  Gaza y cuál es el origen de Hamas

 

Aucun commentaire:

Enregistrer un commentaire