Que terá a morte que tanto nos atrapa e nos interroga?
Quizais o feito da enfermidade nos aproxime a ela?
Pessoa co desasosego ou desacougo?
Rilke coa súa sensación de abafo como nos describe de xeito certeiro Lou Andreas-Salomé en Rainer Maria Rilke?
Ou será unha especial racionalidade que me sensibiliza sobre este mundo que se desangra?
Como penetra a vida que non se vive nesta idea de morte?
"Me siento en tantos puntos
tumefacto y dolorido
pero en la mitad del corazón
como en ninguno.
Quisiera morir.
Dejadme solo.
Creo que lograré
tener tanto miedo
que me estallará el pulso"
A soidade que impón a vida sen compañía acelera as sensacións de todo tipo. A escritura e os versos daqueles que padeceron a compañía da enfermidade serven, curiosa e quizais paradoxalmente, de especie de 'refoulement' - rexeitamento ou relegamento-- Mais, sempre na noite, alenta un especial medo...un medo telúrico a morrer en soidade...e que ninguén o saiba...Por iso, sempre pido ter conciencia da morte, como agora, que poda ir en paz e coa palabra de dous ou tres amigos e quizais, dun ser que amo...quizais...Hai tempo escribín neste mesmo blog sobre a crise. As crises aceleran todos os malos pensamentos, pero nada como unha chamada do hospital acelerando os pasos para unha necesaria analítica oncolóxica...Aí, todo se axita e, inevitablemente, a noite se volve un enorme pozo que traga, devora, si...
insondable cuestión a da morte
Aucun commentaire:
Enregistrer un commentaire