Somos seres humanos se lembramos o tempo real, que é tempo vivido, e rememorado, para poder saber, minimamente, como será o tempo a vivir, na súa dimensión probabilística e posibilística. Amo fondamente o tempo vivido de noite, cando adquiro, de forma consciente, a pulsión liberadora de crear , de resumir o vivido en versos que me permitirán rememorar os meus traxectos cando decida poñer un resumo final á miña existencia.
Mais, de día, amo coa mesma fondura a luz, a calor da luz. Non deixa de ter a súa lóxica: a lúa é tamén luz. De aí que non poda definirme como lucífugo, aínda que ame a noite. E, de día, son coma o sipo matador, que sempre emerxe, apoiándose nos propios piares da existencia, as árbores, cara a arriba, á procura da luz, á procura do sol. Unha corda de dependencia coa lu, coa fermosura que emana da terra e do cosmos.
Aucun commentaire:
Enregistrer un commentaire