Abrimos
de forma innecesaria e cega
os
tremores son cada vez máis insistentes
e os ceos escupen grises cheos de veleno
Ninguén
quixo ollar os indicios
Ninguén
quixo sentir a negación
Só
existían
máquinas
e
máis
máquinas
asfalto
e máis
asfalto
torres
e máis
torres
industrias
e sempre máis
industrias
Ninguén
quixo pensar no OUTRO
na
xeración futura
mesmo
na inmediata
antes
era a procura do ouro verde
na
ialma da nosa humanidade
E mentres
se consumía abrasada a esencia
a semente da xustiza da solidariedade
o AMOR convertérase nun concepto prostituído
en
mans de mentiras e máis mentiras
Agora
na
devastación todo presaxio
toda
predición é unha constatación do noso fracaso
Bombas
Guerras
Asasinatos
Violencia
Os
corpos desmembrados
furan
o meu corazón
e desangrado morro en cada pel torturada
Ninguén
quixo escoitar o laio danado da Humanidade
A
Nai Terra rebélase e expúlsanos
Nada
é. Nada será
Aucun commentaire:
Enregistrer un commentaire