As
lúas
estados
de emoción
fugaces
inestables
inasibles
e
na breve viaxe a través deses estados
piso
as herbas frescas da noite anunciada
ao
lonxe inda a vella igrexa laia férrea
e
deixo que a auga molle os meus pasos
e
penso nas lúas de Idomeni
na
súa luz espellada nas bágoas das nenas
e
na anoxante imaxe dunha Europa
que
regala limo
ese
limo que absorbe escuro os desexos
e
devolve anacos cheos de memoria e dor
e
sigo avanzando entre o silencio que desexo
nun
Brión esnaquizado entre mentiras e asfalto
e
acoitelo duramente o gris para auxiliar
o
verde sendeiro que devece por renacer
escoito
a poesía musical de Dominique A
mentres
tamén tarareando vou marcando
os
estados da miña ialma
despídome
quizais de todo
e
asumo como propios os buracos
fartura
de toupas
que
furan os intestinos
e
morren
os
amores todos
detéñome
no altar improvisado
e
ergo ante as lúas a ebriedade dos desexos
sempre
insatisfeitos e anónimos
e
debuxo cos dedos o concerto dos beizos
que
se namoran no infinito xogo
dunhas
linguas procurando refuxio
e
desfago así a imposta e vella soidade
ao
lonxe de novo a vella igrexa laia férrea
19-marzo-2016
Xabier
Ron
Aucun commentaire:
Enregistrer un commentaire