Sempre que chega o fin de curso, vén, de golpe, o cansancio todo, como se acudise a unha chamada de urxencias. Acompañando a ese cansancio, sobre todo cando tiveches algún tipo de empatía coa xeración que acaba, veñen as lembranzas, normalmente as boas e entón, case sen sabelo, emociónaste porque sabes que sigues cumprindo anos e, en certo modo, cumprindo coa túa tarefa educadora.
Agora veñen os novos soños de futuro para esta xeración: elección de itinerarios, elección de ciclos, de carreiras...., e novas relacións humanas que servirán para encher de experiencias a maleta da vida. Os meus alumnos e alumnas de 4º saben que dunha maleta -La valise, curtametraxe de ficción- poden extrarse moitas e variadas interpretacións. Que a súa se encha de boas emocións e que teñan o suficiente para ser feliz, o suficiente para ir medrando en humanidade.
A repousar toca...agás para as equipas directivas...e para min, claro...até agosto.
boas rooon!!!mira!!que non dava entrado no teu blog e hoxe acordeime e volvín probar para entrar e agora vai!!!
RépondreSupprimero ano pasado,alumna túa de4º de ESO no CPI PONTECESURES..moitas cousas pasamos xuntos.eses4alumnos de francés co seu ben querido profesor.moitas cousiñas pasamos xuntos.dende 1º de ESO,fomos pasando moitos alumnos polas túas clases,Ron;pero ao final fmos quedando nós:CATUXA,MIREIA,DAVIV,E EU(ADRIANA).
paseimo moi moi ben nas túas clases durante eses4anos,Ron,vichesnos crecer pouco a pouco,e vichesnos saír cara adiante,sempre apoiándonos moito nos nosos proxectos e ilusións.Eu agradézoche moito todo o teu apoio e todo o que aprendemos contigo neses 4aniños que estivemos contigo.Collemosche moito cariño,e falamos sempre que nos xuntas,das espectaculares clases de francés co noso ben querido Xavier Ron.
botaseche moito de menos profeee!!!anke máis que profesor de francés,un bon amigo.MOITAS GRACIAS POR TODO DE NOVO!!!coidate moito!!
bkiños
Adriana Rivas Seijo

Non Adriana, quen dá as gracias son eu, xa que sodes vós, os que me reconciliades co meu traballo e co que fago que, ás máis das veces, penso que é un pouco de francés e un moito de filosofía ou como organizar as nosas experiencias e pensamentos ante a avalancha de velocidade cotiá.
RépondreSupprimerapertas
e graciñas
ah! e segue con ese entusiasmo e ánimo
seguro que cando me faga un pouco máis maior escoitarei dunha moza chamada Adriana virtuosa da gaita.
biquiños