Son
máis de letras, mais, ás veces, os números fríos posúen unha
literatura moi directa...eis o que me pasou con estes que argallei no
meu maxún durminte até que o calculei de verdade
Datos
oficiais a 16 de abril (hoxe España xa pasa das 20 mil defuncións e
prescindo de elucubracións sobre os erros de cómputo, porque as eivas a este repecto hai que agardalas en todos os países e nas dúas porcentaxes que me interesan) (os datos de
poboación son os de 2019 para todos)
Nos medios normalmente falan en números brutos...sen falar das porcentaxes en base á poboación, nin adoitan especificar se as medidas de 'confinamento' son as mesmas ou non...
O
Estado español aplica un dos confinamentos máis extremos -xa
coñecemos os milleiros e milleiros de sancións- e, no entanto, a
porcentaxe entre positivos e poboación total é a máis alta dos
estados que escollín por simple curiosidade (0,38%) e despois Italia
(0,27%). Alemania e Francia comparten a mesma porcentaxe (0,16%), se
ben Alemania ten 16M máis de habitantes., Portugal ten unha taxa do
0,18% cunha poboación de pouco máis de 10M, e logo a comparación
entre Dinamarca e Suecia é relevante, xa que o primeiro aplicou
medidas severas de confinamento, mentres que Suecia medidas laxas e
flexibles e, no entanto, comparten a mesma porcentaxe cando Suecia
duplica en poboación a Dinamarca (0,12%). E Corea do Sur é
sinxelamente a de mellor taxa (0,02%).
Teño
que dicir que desexaba que estes cálculos me demostraran que países como
Corea do Sur ou Suecia se equivocaron coa súa estratexia tanto de
prevención como de tratamento e control. Sabido é que Corea do Sur
se esforzou desde o primeiro minuto en localizar positivos e grupos
transmisores para o seu control e impedir o espallamento. Isto é, as
células malas (usarei unha metáfora médica) eran as identificadas
e as atacadas coa terapia prevista, sen ser unha terapia moi invasiva
que atacase ás celulas boas tamén...Penso que nos estados de
confinamento severo a terapia non tivo en conta este principio.
A
segunda das porcentaxes ten en conta as defuncións sobre o total de
positivos. Aquí xa inflúen circunstancias como as patoloxías
previas, a idade da persoa enferma e... o estado do sistema sanitario
para atender emerxencias sanitarias, etc. Dos datos emerxe que España está nun 10,46% mentres que Italia chega ao 13,1% e
Francia ao 16%. Portugal manifesta unha taxa inferior ao 5%, mentres
que Alemania e Corea do Sur son os que ofrecen unha taxa de curación
maior, xa que só falecen 2,82% (Alemania) e o 2,12% (Corea do Sur,
de novo a de mellores resultados).
Non
nos debera ter transmitido algunha ensinanza a este respecto? Eu son
dos que pensa que si...desde o primeiro instante, antes mesmo de se
decretara Estado de Alarma...pensaba e penso que o modelo é o de Corea do
Sur...
Loxicamente,
para aplicar a receita coreana había que ter as ferramentas...e
esas, a estas alturas de contaxios, aínda non son de aplicación nin
xeralizada nin masiva, senón moi selectiva, pois amizades
mesmo están en corentena porque tiveron algo de tos e febre...pero
sen saber se realmente é COVID-19 porque, ao non ser persoal
sanitario, non se lle fai test...E logo, dentro do clima de medo
instálase outra falacia que toda persoa sana é unha persoa
asintomática e transmisora. Iso só contribúe a converternos a
todos en sospeitosos e así sucede o que sucede. Repito, pode que eu
estea errado, mais aquí todo é extremo...até o abafo...
Agora
ollemos a foto que El País trae hoxe...pero que acompañarei coa que
me mandou un amigo que investiga no país teutón de hai tres ou
catro días...en ambos vexo algo moito máis san e menos lesivo para
dereitos e liberdades...Claro é unha simple opinión, dun marxinal
opúsculo, que diría un amigo filósofo...
Cando vexo estas imaxes e logo os números, algo me di que aquí algo vai mal porque foi mal desde hai anos...En calquera caso, a menos que estea equivocado, o virus que está en Alemania debe ser o mesmo -non creo que mutase tanto- e as receitas do gran capital son as mesmas....ergo?
Aucun commentaire:
Enregistrer un commentaire