O
SOSEGO OU A ARTE DE VIVIR
Se
estivese redactando algún artigo de investigación, diría que
estamos ante unha proba da intertextualidade, en concreto, do
intertexto incipitario, pois o título destas palabras retoma e
recrea o nome que ten o libro de Wilhelm Schmid, Sosiego el arte
de envejecer (Kairós, 2015).
No
fondo, vivir é saber facerse vello. Unha constatación empírica que
marca o reloxo que nos acompaña desde que nacemos. Nestes convulsos
días, onde se pode ver todo tipo de decisións (supoñemos que)
benintencionadas pero (pensamos que) mal consideradas, é preciso
recuperar algunha das ensinanzas que dá a perspectiva do camiño
andado. Cando te xiras e ves ao lonxe as crebas e o ronsel que deixa
a existencia en forma de experiencias.
E
coincidimos co autor en que a primeira vez que pensou no tema foi
cando cumpría 50 anos. Sígolle a pegada cos meus 51. El fixera unha
conferencia falando da súa nai e da serenidade coa que afrontaba o
seu día a día. Serenidade que non alumea as pezas da casa que
habitamos baixo a monitorización dixital que nos engule. Noutros
momentos falei da aceleración social, tal como a explica Harmudt
Rosa. Mesmo traballo educativamente a través da práctica da
desaceleración a través dos proxectos e da praxe que desenvolvo.
"Una
persona solo puede vivir con serenidad cuando acepta la verdad"
(p. 10). Mais, é moi difícil asumir que hai aspectos que non
podemos realizar...No entanto, a capacidade de serenidade foi a que
me permitiu afrontar a recuperación do ataque ao corazón do 21 de
outubro de 2017. E saber ben que cousas podía facer sen expoñerme a
unha volta á UCI e cales non. E na miña recuperación tivo un peso
enorme a comprobación e a praxe de entender a pedagoxía dos
errores. Sen ser vello, unha enfermidade, que se converte nunha
compañeira permanente, fai que experimentes a vertixe do salto
adiante. Pero a mente ten que ser quen de medir moi ben os pasos
ausentes e saber que o salto, no fondo, é unha ficción. A
serenidade implica non ter medo, non obsesionarse coa enfermidade.
Algo que hoxe, cando todo semella naufragar baixo a acción dun
virus, éme de escudo ante o Estado de Histeria actual. A prudencia e
a prevención nunca poderán ser compañeiras do medo obsesivo e do
pánico. Mais, como definir o feito de que as tres únicas veciñas
(entre 60 e 70 anos) da aldea zamorana de Escuredo, en Rosinos de la
Requejada, fosen sancionadas pola Garda Civil por saltarse o
confinamento? Na aldea residen tamén os tres esposos. Como é
posible que a razón non habite nas mentes de quen decidiu
sancionalas? Decididamente, baixo un Estado de Histeria desátanse
todos os desacougos imaxinables. O máis triste é que se fai usando
o amparo da Democracia, atacando dereitos e liberdades, e, de paso,
incrementando a absoluta idiotez dos actos sen sentido.
"Prefiero
rescatar conscientemente la vida que se encuentra enterrada en cada
arruga" (p. 10). Schimid escribe o libro tendo xa 60 anos. A súa
reflexión adquire unha fermosura poética que merece aprendizaxe e
experimentación.
Precisamente,
hoxe, penso que ás nosas persoas ancianas non as tratamos nada, pero
nada, ben. En moitas das ocasións sofren unha soidade forzosa, que
posúe unha terrible forza depresiva. Noutras as consideramos como
simples novos bebés, negando toda a experiencia e a enorme vida que
contén a súa memoria. Non podo deixar de recordar, a este respecto,
as ensinanzas de persoas como Nicanor Acosta ou Encarna Díaz, cos
seus 81 anos, ou de Juan Castro co que teño o pracer de conversar
cunha caña todos os mércores de noite -xunto con outros 3 ou 4
templarios máis-. Os seus 84 anos teñen moita forza para quen saiba
escoitar e aprender. O diálogo de ida e volta enriquece sen límite.
E a serenidade coa que afronta a necesaria convivencia co 'bicho' é
admirable: sen medos, co desexo de poder pasear -necesario para os
ósos, din os médicos- e poder tomarlle unha...e falarmos da
Ditadura franquista, da cultura, de como era a docencia en
Inglaterra, etc... Toda unha memoria que necesita expresarse, vivir,
non ser recluida nun espazo de varios metros cadrados.
Si,
tratámolas mal: as residencias de maiores, sometidas ao lucro da
privatización e á degradación do servizo foron espazos da morte
anticipada. A previsión lóxica non fixo a súa aparición. O virus
só tiña que entrar para asolar un lugar onde tiña as mellores
dianas: persoas maiores, con algún achaque lóxico polo paso dos
anos, outras con algunha enfermidade na mochila, e todas moi xuntas,
pola necesidade de ter compañía.
Non
son experto, mais sei observar e pensar, e só hai que sumar
residencias e hospitais para intuir o que acontece hoxe cos tests:
que o COVID-19 non circulou en Galicia coa forza que o fixo, por
exemplo, en Madrid. Agora, de seguro que se tentará demostrar que os
tests son defectuosos...porque, no fondo, queremos tranquilizarnos co
dato de que si, de que o virus circulou e nos inmunizamos contra el.
E tamén porque faría máis aceptable a decisión de decretar un
Estado de Alarma. Pero resultará, ogallá me equivoque, que non.
Pode que veña con máis fame despois de setembro. Teremos aprendido
en prevención e tratamento dos focos transmisores daquela...para que
non teñamos que sofrer un confinamento negativo?
A
serenidade implica considerar a vida en toda a súa extensión: desde
que somos crianzas até a senectude. Curioso: estes dous extremos
foron os que menos se beneficiaron das excepcións durante o
prolongado Estado de Alarma.
De
feito, as primeiras reaccións sobre as consecuencias do virus nas
persoas maiores demostraban o terrible egoismo e individualismo que
inocula no noso imaxinario o capitalismo. O autor denomina iso
"consecuencia del yoísmo desmesurado que impera en la
actualidad" (p. 12).
Os
clásicos son, a este respecto, unha constante fonte de saber.
Epicuro denominaba 'ataraxia' a ausencia de turbación. Pero hoxe
poucos saberían aplicar as ensinanzas de Epicuro, pois os plans de
estudos turbocapitalistas encargáronse de retirar as humanidades por
non seren 'útiles' ou 'rendibles' na selva do mercado. E así nos
vai en tempos de confinamento, onde a solución non pasa pola
reflexión interiorizada, a lectura pausada e a conversa. Todo foi
engulido pola luz adictiva das pantallas dixitais. Unha receita que
mañá será enfermidade. Unha ferramenta nunca pode ser un fin. E o
espazo de lecer da clase traballadora non pode ser NUNCA o espazo de
traballo que xere beneficios ao gran capital.
Rematarei
esta nota coa descrición que realiza Schmid dos dez pasos para
acadar a serenidade:
Adquirir conciencia das distintas etapas da vida.
SEGUNDO PASO.-
Coñecer
as peculiaridades da fase da vida en que estamos e saber que se
pechan alternativas. Podemos aplicar estratexias de compensación,
de concentración, de selección e de optimización para vivir de
forma axeitada.
"En la vejez aún hay que aprender a ser más lentos, a repartir las fuerzas de una manera más eficiente, a cuidarse más, posiblemente a estar más solo que en épocas anteriores, a reflexionar sobre la vida que ya se ha vivido y a tener presente la muerte que ya no es una posibilidad lejana" (p. 31).
TERCEIRO PASO.-
Teremos
que acostumarnos a todo, mesmo a ter dor e a soportala se non é moi
acusada. Os hábitos e as rutinas que nos benefician dan
tranquilidade. As rutinas teñen unha enorme importancia, por
exemplo, nas persoas con Trastornos do Espectro Autista. Eu non podo
saírme delas: sonme necesarias para habitar o día a día. Non me
gusta nada a improvisación nin que se altere o planificado. Por
iso, non planifico xa nada a medio prazo.
CUARTO PASO.-
Disfrutar
conscientemente dos pequenos praceres, esas pingas de felicidade,
esas pequenas doses de alegría. O seu pensamento anima os días.
Schmidt alude tamén ao pracer do recordo e do xa vivido.
"Un placer que se intensifica con la edad es el placer de la conversar y quizá también el placer de escribir algunas cosas uno mismo y para los demás" (p. 44).
QUINTO PASO.-
Necesidade
de saúde que require, cando somos maiores ou enfermos crónicos, da
necesidade de movernos, de camiñar, pasear, ou facer exercicio con
moderación. É preciso tamén saber vivir con eses estadios de
melancolía e saber fuxir da depresión incapacitante.
"La melancolía resalta en la vejez sobre todo la soledad existencial, que queda reforzada por un acultura en la que el yo reina como nunca antes" (p. 55).
SEXTO PASO.-
A
procura do contacto físico, di Schmid, é o sexto paso. Eu diría
antes ben estar, ao longo dos días, en compañía de seres
queridos, de amizades, sen necesidade de que sexa permanente e
constante ese contacto.
SÉTIMO PASO.-
O
amor e a amizade. A importancia das amizades coas que nos
reconfortamos, coas que falamos en confianza, coas que nos
sinceramos.
"La
vida es más hermosa y tiene más sentido cuando existe al menos una
persona de cuya existencia me alegro y que por su parte se alegra de
que yo siga aquí, aunque no sea todos los días" (p. 67).
Coñecemento para adquirir alegría e serenidade. En Grecia, euthymia era o estado de dicha, de alegría. Para min, o máis importante é saber que teño o suficiente para acadar este estadio.
"Sabia
es la persona que sabe vivir con lo que recibe en cada momento, que
puede extraer algo positivo incluso de las situaciones más
desgraciadas" (p. 76)
Saber
ollar a morte, a dos demais, que nos van deixando, e a nosa propia.
"Mientras siga exstiendo la muerte, acad persona debe tomar una última decisión" (p. 82).
DÉCIMO PASO.-
Brión,
30-abril-2020
Aucun commentaire:
Enregistrer un commentaire