A Lei de Amnistía,
que entra en vigo o 17 de outubro de 1977 representa unha desas
coartadas que empregan aínda os herdeiros do franquismo para evitar
verdade, xustiza e reparación.
Non
hai organismo de defensa dos Dereitos Humanos (Human Rights Watch;
Amnistía Internacional; o
Grupo de Traballo sobre as Desaparicións Forzadas ou Invluntarias da
ONU; Comité
contra a Tortura e Comité de Dereitos Humanos)
que non denuncie ao estado español por manter a existencia dunha
Lei, desvíada
da súa función primeira, mais
que
é empregada como unha lei de punto e final, como
inoculadora
de mentiras, de inxustiza e de indefensión, e
que non debe aplicarse para xulgar os crimes do franquismo.
A
Lei
de
Amnistía elaborouse
supostamente
para
protexer a quen loitara contra as estruturas postas en pé pola
ditadura franquista; mais o certo é que serviu para un obxectivo ben
contrario: amparar os crimes e vulneracións de dereitos perpetrados
polo rexime franquista. Queda
claro que a
protección
se
converteu en
ofensa.
Lembremos
que, segundo datos do Fiscal Xeral do Estado, na súa Memoria do ano
1977, relacionando feitos de 1976, alude a 61 mortes de civiles
acaídas durante as represións indiscriminadas das manifestacións e
reivindicacións da sociedade civil por parte das forzas de
seguridade. Na
Memoria de 1978 (referida a 1977) fálase de 15 mortes e de 4.394
detidos por razóns políticas. Estamos, polo tanto, nun
contexto que demostra de forma moi clara que a transición da
ditadura á democracia foi todo menos pacífica. Foi nese contexto en
que se xestou a Lei de Amnistía.
Escoitemos, como
argumento, a un deses loitadores infatigables pola democracia, que
pasou 23 anos por ese motivo nos cárceres franquistas:
"Mantuvieron
a los mismos jueces que me juzgaron a mí; los policías que me
torturaron, aunque jubilados, seguían en nómina; el Tribunal
Supremo continuaba siendo el mismo que durante el franquismo. No fue
un camino libre para los valores democráticos. Para mí la
Transición fue como una broma con la que se disfrazó de otra cosa
el capital y la derecha. Hubo impunidad para todo y seguimos tragando
impunidad" (Marcos ANA).
Unha
sociedade non pode avanzar en democracia se destrúe a memoria e vive
do triunfo do silencio e da inxustiza. Unha sociedade precisa facer
as paces co seu pasado. O Estado debe ser garante disto; moitas
vítimas aínda agardan e seus familiares tamén.
Mais,
como facelo cando as estruturas da Maxistratura, como escribiron
Jiménez Villarejo e Jiménez Doñate, están impregnadas dun
certificado
sesgo
ideolóxico franquista, de contidos autoritarios?
Neste
Estado semella que se ampara absolutamente todo aquilo que beneficia
aos maltratadores da democracia. Nese sentido, xa denunciamos neste
Pleno o destrutivo alcance que ten a LO 1/2014, de 13 de marzo, que
modifica a LO 6/1985, de 1 de xullo, do Poder Xudicial
relativa á xustiza universal.
E
onde alertamos que as modificacións introducidas o que facían era,
de
facto, cargarse a Xustiza Universal, isto é, cargarse a salvagarda
dos DD.HH., e converter o estado español no campo da festa de
criminais de guerra, xenocidas e e demais autores de crimes de lesa
humanidade. A impunidade como novo paradigma de facer xustiza.
Pois
ben, co mantemento da Lei
de Amnistía
como escudo protector dos crimes do franquismo acontece o mesmo. Ao
facelo o Estado español incumpre as súas obrigas democráticas: "os
Estados ostentan unha dobre obriga en materia de DDHH: por un lado,
o deber de respectar, asegurar e protexelos; e, polo outro, a obriga
de garantía que, no plano xurisdicional, se concreta en brindar os
recursos efectivos se son violados, isto é, débese investigar,
xulgar e, no seu caso, sancionar ao culpable e reparar"
Non existirá, e
non nos cansaremos de dicilo, un sistema completamente respectuoso
dos Dereitos Humanos mentres as vítimas de crime de lesa humanidade,
e os os franquismo o son, non sexan plenamente reparadas.
En boa lóxica, o
primeiro que habería que facer é eliminar os vestixios do
franquismo nas estruturas democráticas actuais. Repasen vostedes as
acertadas páxinas sobre "as razóns da pervivencia do
franquismo" do libro de Jiménez Villarejo / Doñate Martín,
para percibir por que é preciso resetear o sistema.
Mais sen dúbida,
para nós tamén outro paso, necesario e imprescindible, pasa por
ofrecer Verdade á sociedade, hoxe mesmo ignorante do que aconteceu
porque esa Verdade entra de forma moi feble nos estudos de secundaria
e do bacharelato; pasa por ofrecer Xustiza e Reparación ás vítimas
e seus familiares.
E iso non se pode
facer se se segue empregando a Lei de Amnistía como parapeto da
impunidade. Cómpre, xa que logo, neutralizala. O mellor sería non
modificale, senón derrogala. Mais, tamén, porque sempre os hai que
a invoquen como impedimento, cómpre mudar a Constitución Española,
despois dun necesario proceso constituínte para termos unha
Constitución defensora de Dereitos de Cidadanía, para que non se
poda empregar a dita CE como argumento que impida derrogar a Lei de
Amnistía de 1977.
Cómpre unir a
necesaria democracia nas estruturas da administración da xustiza
xunto con ferramentas legais que favorezan e non atranquen a defensa
dos Dereitos Humanos e que procuren a xustiza ante os crimes de lesa
humanidade.
Hoxe, a
administración de xustiza, mantén na impunidade ditos crimes, e
négase, ao mesmo tempo, a achegar recursos efectivos para que as
vítimas de crimes contra o dereito internacional ou as familias de
vítimas de desaparicións forzosas e de execucións extraxudiciais
podan acceder ao seu dereito a saber e recuperar os restos dos seus
seres queridos.
Pode o Estado
parapetarse na Lei de Amnistía e esquecer os dereitos dos familiares
das máis de 150.000 persoas desaparecidas, ou feitas desaparecer
polo franquismo? O esquecemento é inadmisible. O sofremento
acumulado durante tantos anos require verdade, xustiza e reparación.
O Mapa de Fosas da Oficina para as Vítimas da Guerra Civil e da
Ditadura (26 de outubro de 2011) detalla que existen unhas 1.204
fosas non intervidas.
Non vai escoitar o
aparello do Estado a Resolución da Asemblea Xeral da ONU 60/147 (de
16 de decembro de 2005, publicada o 21 de abril de 2006) relativa aos
"Principios e directrices básicos sobre o dereitos das
vítimas de violacións manifestas das normas internacionais de
dereitos humanos e de violacións graves do dereito internacional
humanitario a interpoñer recursos e obter reparacións".
Semella que non. Obviamente.Tendo en conta o acontecido desde ese 21
de abril de 2006.
Vai desatender
mais unha vez as obrigas que figuran nas Observacións Preliminares
do Grupo de Traballo sobre as Desaparicións Forzadas ou
Involuntarias da ONU, ao concluír a súa visita a España (30
setembro de 2013), que mesmo xa alerta que a sentenza do Tribunal
Supremo 101/2012, de 27 de febreiro de 2012, que se apoia na Lei de
Amnistía de 1977 para denegar a posibilidade de investigar os crimes
da guerra civil e do franquismo é contraria ao dereito
internacional?
En efecto, en base
a argumentos xurídicos e de dereito internacional en materia de
dereitos humanos, pódese dicir que as privacións ilegais de
liberdade realizadas a partir do golpe de Estado de 1936 (e ate o 15
de decembro de 1976), dado o seu carácter de delito permanente, non
lles son aplicables a prescripción, nin a Lei de Amnistía de 1977,
como causas de extinción de responsabilidade penal. En efecto, o
delicto continúa desde o día en que a persoa foi privada de
liberdade ate o día en que apareza viva ou ate o día en que se poda
constatar cientifica e xurdicamente que morreu, tras a correspondente
exhumación dos seus restos.
Se houbese vontade
xurídica e política, de atender ao Dereito Internacional non
teríamos que falar desta iniciativa do BNG, xa que, ademais do
anterior, tal como consta en escritos xurídicos, a Lei de Amnistia
debería ser inaplicable para os casos en que teñan que ver cos
crimes do fraquismo por ir en contra da Constitución Española de
1978, no sentido de que as medidas de graza e esquecemento estaban
encamiñadas a promover a pacificación dos espíritos, a
reconciliación e a concordia, mais ao facelo, o articulado da Lei de
Amnistia vai en contra dos principios reitores da xustiza e da
igualdade da Constitución Española polo que carece de virtualidade
xurídica para estimar extinguida a responsabilidade penal e as súas
consecuencias en relación a delictos coma os perpetrados durante o
rexime franquista.
Mais, como non
existe esa vontade, cómpre implementar ferramentas que obriguen a
camiñar na xusta dirección da verdade, da xustiza e da reparación.
E diso é do que se fala hoxe. Introducir no texto da Lei unha obriga
para que o aparello da xustza non se parapete nesta Lei e impedir que
teñamos Verdade, Xustiza e Reparación...e para que se manteña o
escrupuloso respecto para co Dereito Internacional en materia de
DD.HH. e de crimes de lesa humanidade, tal como son as desaparicións
forzosas do franquismo.
E, como, ás
veces, é preciso repetir unha frase para que se entenda, rematarei
esta intervención como fixen o día que preguntei sobre a Xustiza
Universal. En efecto, vostedes fan que me pronuncie como Albert Camus
en Carta a un amigo alemán,
"Quixera
poder amar ao meu país amando a un tempo a xustiza. Non quero para
él ningunha forma de grandeza, nin a do sangue, nin a da mentira"
Con vostedes
quedará a grandeza da inxustiza e da impunidade.
Aucun commentaire:
Enregistrer un commentaire