vendredi 22 novembre 2024

INSOMNIO

Tratamiento del Insomnio Mediante Psicología - Centro REM  

INSOMNIO

Chega a noite

a maldita noite

antes de todo

era o meu ceo de luz

agora é o meu inferno


Procuro pechar os ollos

e vexo todo       todo de novo

unha repetición incesante 

unha e outra vez

pecho e reabro os ollos

miro o reloxo

apenas pasou o tempo

minutos? un cuarto? media hora?

na escuridade sinto os latexos

arrítmicos do meu maldito corazón

para que me serve ao final?

 

e peor é sentir no meu cerebro

como coiteladas

todas e cada unha das imaxes

do que significou vivir

 

Agora      na tortura

a imposibilidade de desprenderme

de nada mátame

nada escapa nas súas definicións

dos ritmos do pasado

queda todo aí nas súas engranaxes

maldito asperger

maldito sexas

sinto o latexo e o cerebro enfermos

pelexarse por ver quen me levará primeiro

volta e volta

unha e outra vez

 

Érgome e paseo en silencio

a desesperación róeme 

inclemente

unha e outra vez

coma un can engaiolado

abro a porta

frío

apenas percibín 

que durmo espido

 

Veña home inténtao de novo

e subo e 

pecho os ollos

e o abafo préndeme

de súpeto

medo

terror 

non quero quedarme durmido

si quero pero non esta sensación

a morte

a morrer só

a non espertar 

sinto que a loucura 

xoga cos meus límites

non sei se razono 

ou que son xa

 

e comeza o día

e o meu cadáver 

asoma

de novo queda aturar

esta maldición

 

canto aguantan o corpo e a mente?

 

 LA: Entrada al Museo de la Tortura Medieval con caza de fantasmas |  GetYourGuideArritmias cardíacas, síntomas y tratamientos - Blog de Masquemedicos