Morre un político
morre por enfermidades malvadas
que arrastran ao SER ao abismo
á negrura
e con el
aos que o envolven con agarimo
Está ben
que xordan entón as voces amigas
para dicir
mágoa
un bo home
un bo marido
un bo pai
Pero a parafernalia
política de cabaret
converte aos demonizadores
en eternos amigos
e os discursos de crispación
ceden aos dunha imaxe que se esculpe
en verdades que non se cren
Por iso
este que escrebe
opta polo silencio contemplativo
e prefire pensar
que a familia
merece o meu apoio e consideración
e que lamento a perda dun home aínda non vello
Por iso
opto por rexeitar toda a farándula
que recolle versos e reversos
para entronizar
cando antes o expulsaron do mesmo
Por que mentir?
Por que non calan e simplemente ollan, escoitan
e se saben ou poden choran?
Aucun commentaire:
Enregistrer un commentaire