Esta nota pode valer para responder á cuestión que lle formulaba aos lectores e lectoras. O capitalismo quere armas. En perfecta consonancia co discurso do medo e securitario que se implantou desde o 11 S de 2001, os orzamentos destinados a gastos armamentísticos non deixaron de medrar de forma insultante...sobre todo se o comparamos en como ese aumento vai en detrimento das partidas sociais.
Un suplemento, ademais, que supón un aumento de golpe do 28%, sobre material recibido polo ministerio, segundo parece no 2010 e no 2011 (segundo o xornalista Isaac Campos, en artigo publicado en esHORA, p. 7, do 14 de setembro de 2012) [Repárese ben no detalle de quen gobernaba e quen goberna para darse
conta de que as dúas moedas do capitalismo se dan a man de forma moi
entusiasta a este respecto].
Unha guinda máis púxoa o desastroso goberno de Rajoy co Real Decreto-Lei 26/2012 de 7 de setembro, polo que se concede un crédito extraordinario no orzamento do ministerio de defensa para "atender al pago de obligaciones correspondientes a programas especiales de armamento por entregas ya realizadas"...
Cales son esas obrigas?
avión EuroFighter-2000 => 1.171.607,69 €
helicóptero Tigre => 76.267,14 €
Obús 155/52 => 16.065,97 €
Misil SPYKE => 27.824,41 €
Buque BAM => 187.800,00 €
Carro de combate LEOPARDO => 242.337, 28 €
Misil IRIS-T => 38.968,56 €
Helicóptero UME => 21.181,31 €
Sistemas CIS UME => 718,53 €
un total de 1.782.770,89 €
Vemos como o negocio da guerra é moi rendible...
e a desfachatez, a desvergoña do PP (sen esquecernos dos de antes), xa que o actual ministro de Defensa, o gran beneficiado, foi Conselleiro entre 2005 e 2009 da empresa Instalaza SA, principal fabricante de bombas de racimo...
Xa non abraia o intercambio de cromos entre altos cargos públicos e empresas privadas. Sabemos dos favores que estas lles deben aos primeiros. O importante é que se saiba. Que a xente tome verdadeira dimensión de a onde se destina o diñeiro. O noso diñeiro. Ademais, non podemos deixar de mencionar o feito de que ese crédito vaise pagar con débeda pública. De novo, socialización das perdas e privatización dos beneficios.
Cómpre poñerlle fin a este tipo de noxento mercadeo. Limpar ben os ollos. Lavar ese pó que impide unha clara visión dos feitos. Informarse de forma plural e logo facerse unha boa panorámica dos sucesos actuais. E votar en consecuencia.
Cómpre recuperar aquilo de que hai que botalos votando..Porque, como iremos documentando ao longo de todos estes días, hai moitas probas de como o diñeiro de todas as persoas se destina a intereses que van precisamente contra o benestar de todas esas persoas.
Aucun commentaire:
Enregistrer un commentaire