Este señor non ten remedio. Sempre anda de troula e
nin os seus correlixionarios saben se di a verdade ou se se asolaga na mentira.
Agora dille ao pobo galego que o rigor dará paso ao crecemento. E eu xa lle
teño pánico. Despois dunha lexislatura de rigor, onde todos os indicadores en
materia de creación de emprego e dereitos laborais, de afortalamento dos
servizos públicos da educación, da sanidade e dos servizos sociais están
abafando debaixo da guillotina dos recortes do déficit, agora o señor en
cuestión di que virá o crecemento....Medo lle teño!
Que
seguirán medrando o paro e a desprotección laboral!
Que seguirán medrando os ataques á nosa dignidade
como persoas!
Que seguirá medrando a emigración como único futuro!
Que seguirán medrando a degradación e privatización
dos servizos públicos!
Que seguirán medrando as dificultades das persoas con
diversidade funcional!
Que seguirán medrando os ataques á lingua e á cultura
galega!
Que seguirá medrando a devaluación da democracia xa
empequenecida!
Que seguirá medrando a desfeita do noso territorio,
cruzado por unha velocidade que o desartella, elitista e nada ecolóxica!
Que
seguirá medrando o seu inmobilismo e deixará facer a Don Banco e a Don Mercado
para que lle tomen o pelo e lle rouben ás persoas aforradoras do país!
Que seguirá medrando o secuestro dos medios públicos
galegos e a contratación dos restantes para propaganda do réxime!
Que seguirá...el!! Vaia troula!!
O pobo
galego saberá recoñecer a mentira que se agocha na troula e darlle ao señor
este seu ben merecido repouso e mandalo a Madrid –seguro que devece por iso-
como ministro de Rajoy ao que non lle quedan máis que dous telexornais NO-DO
como presidente en canto rematen as eleccións do 21 de outubro, xa que a
Troika, desde ese día, como xa o fai agora de forma máis disimulada, recibirá o
convite de Rajoy para sentarse no lugar onde debe residir a soberanía do
pobo. Non o permitamos. Nin en Galicia
o 21 de outubro. Nin no Estado.
Aucun commentaire:
Enregistrer un commentaire