- Nun estudo que citan analizáronse 43.060 transnacionais e os autores do mesmo demostran que 737 delas controla o 80% do valor accionarial total.
- Seis grandes compañías discográficas controlan a industria a nivel mundial.
- 10 grandes transnacionais controlan:
- o 53% do mercado farmacéutico mundial,
- o 54% da biotecnoloxía,
- o 62% da farmaceútica veterinaria,
- o 80% do mercado global de pesticidas e comercio mundial de alimentos
- o 95% do mercado mundial de sementes comerciais,
- case o 100% do mercado internacional do petróleo.
- Lladró: controla o 70% da porcelana de luxo,
- Apple: o 60% do mercado táctil a nivel mundial,
- Beers: o 75% do comercio mundial de diamantes.
- En España: 4 empresas controlan o mercado español de café; 7, o 75% dos alimentos que compramos, e Carrefour, 1 de cada 4 alimentos.
- As 15 empresas máis grandes do mundo teñen un PIB equivalente ao dos 27 países da UE.
ça suffit, ne renonçons pas à nous-mêmes. C'est dans le miroir rouge que voyagent les mots et s'ensorcèlent, devenant poésie ou dénonce. Telle est ma quête, mon cher Jacques Brel.
samedi 29 septembre 2012
EXEMPLOS DA MALÉVOLA CONCENTRACIÓN DE CAPITAL
Recollo os datos do libro Los amos del mundo, do que xa figuran os datos nunha entrada anterior deste blog. Son elocuentes e demostran por onde temos que encamiñar o traballo democrático de derrubar o poder financeiro:
O QUE RI AÍNDA NON RECIBIU A TERRIBLE NOTICIA
Este verso de Bertolt Brecht figura no elocuente libro de Petros Márkaris, La espada de Damocles (Tusquets, Barcelona, 2012). O libro contén unha serie de observacións do escritor grego desde o 30 de decembro de 2009 até finais de xuño de 2012 sobre a crise en Grecia e como afecta á sociedade do seu país.As denuncias do escritor son implacables. Unhas dinastías políticas que se suceden en Grecia de forma indisimulada e que fixeron da administración pública un viveiro de clientelismo e corrupción. Unha sociedade que caeu baixo o embruxo do diñeiro de mentira, os créditos ou préstamos que non son outra cousa que débedas que esixen un retorno (ás veces) desmesurado. Un sistema que privilexia as desigualdades.
Non quero caer na fácil tentativa, a raíz do que sucedeu en Valencia, en Andalucía, ou en Galicia, de equiparar o sistema "podre" que describe Márkaris, co que temos nesta nosa casa galega. Pero algo si cheira a podre.
De feito, hai uns días escribín un textiño sobre o tema para Galicia Confidencial e, como xa agardaba, a manada de cans comezou a verter todo tipo de improperios, ningún sen ter que ver nada en absoluto co que eu comentaba no textiño. Quero pensar que nesa manada está a xente desquiciada da dereita, sobre todo ese personaxe que me chama "francés comunista españolista"...Jajaja. Que risa! E faino empregando o castelán e chámame a min españolista! Que rara esquizofrenia late nos comentaristas de internet aos que, como saben os lectores e as lectoras deste blog, xa denunciei por non seren o suficientemente ousados, tanto como as palabras que empregan, para identificarse.
Nese artigo falaba de que a min me produce especial arrepío o pensamento de que a xustiza non é independente, porque, en última instancia, significa non ter democracia. E de aí a miña inquedanza ante as masas de vítores, e outros berros baseados na fe cega, ante as persoas supostamente inocentes.
Voltando a Márkaris, lede a súa visión, porque, moito me temo, estamos ante un espello do que pode suceder, a pouco que a dereita siga coa súa absurda e inútil política de recortes, mentres se anima a pedir un rescate para a banca.
Por certo, banca, oligarcas, gobernos axeonllados, gobernos corruptos, forman parte do título do último libro dos sempre acertados Vicenç Navarro e Juan Torres López, Los amos del mundo. Las armas del terrorismo financiero (Espasa, Barcelona, 2012). Como defninen os autores no inicio do libro, queren facer claras as palabras que empregan os perpetradores dos atentados financeiros, queren que todo o mundo entenda o que acontece:
"incluso las cuestiones económicas más complejas se pueden explicar sencillamente, de modo que las entiendan las personas que no tienen ningún tipo de formación económica" (p. 14)E teñen razón cando afirman:
Non podemos aceptar sen máis o estado actual de cousas; será difícil, pero o 21 de outubro temos a oportnidade histórica en Galicia de expulsar do parlamento aos alegres perpetradores do atentado financeiro que máis dereitos vulnera: o dereito a termos un emprego e un salario dignos, o dereito a unha unha vivenda digna, o dereito a un servizos públicos de calidade, eficaces e eficientes, que non se asenten en prácticas discriminatorias, o dereito a termos información veraz e plural, o dereito a termos unha lingua plenamente normalizada, o dereito a termos unha democracia controlada polos dereitos cidadáns e non polas imposicións mercantís e financeiras.
"hay dinero que mata y actividades financieras que están arruinando la economía y destruyendo el planeta" (p. 16)
Pero non nos enganemos: non será doado, porque, nun primeiro momento, pode que cheguemos ao goberno, pero non teremos aínda o poder. Pero será nosa a obriga inquebrantable de loitar, xunto co pobo, contra os que teñen o poder e recuperalo para beneficio da maioría das persoas.
samedi 15 septembre 2012
A PAIXÓN DO CAPITALISMO POLAS ARMAS
Esta nota pode valer para responder á cuestión que lle formulaba aos lectores e lectoras. O capitalismo quere armas. En perfecta consonancia co discurso do medo e securitario que se implantou desde o 11 S de 2001, os orzamentos destinados a gastos armamentísticos non deixaron de medrar de forma insultante...sobre todo se o comparamos en como ese aumento vai en detrimento das partidas sociais.
Un suplemento, ademais, que supón un aumento de golpe do 28%, sobre material recibido polo ministerio, segundo parece no 2010 e no 2011 (segundo o xornalista Isaac Campos, en artigo publicado en esHORA, p. 7, do 14 de setembro de 2012) [Repárese ben no detalle de quen gobernaba e quen goberna para darse
conta de que as dúas moedas do capitalismo se dan a man de forma moi
entusiasta a este respecto].
Unha guinda máis púxoa o desastroso goberno de Rajoy co Real Decreto-Lei 26/2012 de 7 de setembro, polo que se concede un crédito extraordinario no orzamento do ministerio de defensa para "atender al pago de obligaciones correspondientes a programas especiales de armamento por entregas ya realizadas"...
Cales son esas obrigas?
avión EuroFighter-2000 => 1.171.607,69 €
helicóptero Tigre => 76.267,14 €
Obús 155/52 => 16.065,97 €
Misil SPYKE => 27.824,41 €
Buque BAM => 187.800,00 €
Carro de combate LEOPARDO => 242.337, 28 €
Misil IRIS-T => 38.968,56 €
Helicóptero UME => 21.181,31 €
Sistemas CIS UME => 718,53 €
un total de 1.782.770,89 €
Vemos como o negocio da guerra é moi rendible...
e a desfachatez, a desvergoña do PP (sen esquecernos dos de antes), xa que o actual ministro de Defensa, o gran beneficiado, foi Conselleiro entre 2005 e 2009 da empresa Instalaza SA, principal fabricante de bombas de racimo...
Xa non abraia o intercambio de cromos entre altos cargos públicos e empresas privadas. Sabemos dos favores que estas lles deben aos primeiros. O importante é que se saiba. Que a xente tome verdadeira dimensión de a onde se destina o diñeiro. O noso diñeiro. Ademais, non podemos deixar de mencionar o feito de que ese crédito vaise pagar con débeda pública. De novo, socialización das perdas e privatización dos beneficios.
Cómpre poñerlle fin a este tipo de noxento mercadeo. Limpar ben os ollos. Lavar ese pó que impide unha clara visión dos feitos. Informarse de forma plural e logo facerse unha boa panorámica dos sucesos actuais. E votar en consecuencia.
Cómpre recuperar aquilo de que hai que botalos votando..Porque, como iremos documentando ao longo de todos estes días, hai moitas probas de como o diñeiro de todas as persoas se destina a intereses que van precisamente contra o benestar de todas esas persoas.
vendredi 14 septembre 2012
QUE QUERE O CAPITALISMO?
Non se trata dunha pregunta enrevesada. Trátase de ver o alcance real da súa plena potencialidade a través da resposta que vostede, como lector o lectora, pode realizar. E, por suposto, se pensa vostede que para respondela non precisa de ideoloxía, ou mesmo aspira vostede a dicir, "son unha persoa apolítica", sinxelamente será imposible que poda respondela. Quizais, vostede pode ser unha desas persoas que antes de poder responder desexa practicar ese exercicio intelectual que consiste en establecer unha táboa de valores respondendo á pregunta contraria: que é o que non quere o capitalismo? Entón, recollendo os valores que dea vostede ás dúas respostas, si pode responder á pregunta.
Unicamente lle pediría a vostede que na formulación das dúas respostas procure pensar non no seu caso particular, senón na globalidade da súa contorna máis inmediata.
Para animar a súa reflexión, só desexo anotarlle preguntas que poden orientar a súa resposta á pregunta que dá título a estas notas:
- coñece persoas que están no paro?
- sabe de xente que pasa dificultades para chegar a fin de mes a pesar de estar traballando?
- experimenta vostede que todo vive baixo unha sensación de vértigo, velocidade e abafo?
- vive vostede a ameaza do medo ante a perda do traballo?
- coñece vostede os efectos da degradación da sanidade pública á hora de ser atendida con celeridade?
- recoñece os valores e, polo tanto os perigos, dunha educación baixo a permanente fouce da redución de recursos de todo tipo?
- que pensa vostede sobre o feito de que para poder ter unha vivenda digna teña que pagar un alugueiro excesivo ou mesmo hipotecarse de por vida?
- pensa que os culpables dos males da sociedade son as persoas que escapan de países en guerra ou da violencia que representa a fame?
- considera vostede que a televisión informa de forma plural, enriquecedora e atendendo ao principio de neutralidade partidista?
- pensa vostede que é xusto que vivamos a expensas de organismos internacionais que non foron elixidos democraticamente polo pobo?
- que opina vostede sobre o feito de que con todo o que se gasta en armas no mundo, poderíamos erradicar a fame?
- considera vostede que o mercado é capaz realmente de autoregularse e que, por si mesmo, pensa no beneficio social?
Non deixe vostede de formularse preguntas.
Pode ser que teñamos que concluir que o capitalismo quere precisamente que non se formule vostede as preguntas pertinentes para non poñer en entredito o seu dominio.
Entón, formularse simplemente as preguntas e pensar nas respostas xa pode significar o primeiro paso para rachar cun sistema de pensamento único.
dimanche 9 septembre 2012
MEDO LLE TEÑO! SOBRE O SEÑOR DAS TROULAS
Este señor non ten remedio. Sempre anda de troula e
nin os seus correlixionarios saben se di a verdade ou se se asolaga na mentira.
Agora dille ao pobo galego que o rigor dará paso ao crecemento. E eu xa lle
teño pánico. Despois dunha lexislatura de rigor, onde todos os indicadores en
materia de creación de emprego e dereitos laborais, de afortalamento dos
servizos públicos da educación, da sanidade e dos servizos sociais están
abafando debaixo da guillotina dos recortes do déficit, agora o señor en
cuestión di que virá o crecemento....Medo lle teño!
Que
seguirán medrando o paro e a desprotección laboral!
Que seguirán medrando os ataques á nosa dignidade
como persoas!
Que seguirá medrando a emigración como único futuro!
Que seguirán medrando a degradación e privatización
dos servizos públicos!
Que seguirán medrando as dificultades das persoas con
diversidade funcional!
Que seguirán medrando os ataques á lingua e á cultura
galega!
Que seguirá medrando a devaluación da democracia xa
empequenecida!
Que seguirá medrando a desfeita do noso territorio,
cruzado por unha velocidade que o desartella, elitista e nada ecolóxica!
Que
seguirá medrando o seu inmobilismo e deixará facer a Don Banco e a Don Mercado
para que lle tomen o pelo e lle rouben ás persoas aforradoras do país!
Que seguirá medrando o secuestro dos medios públicos
galegos e a contratación dos restantes para propaganda do réxime!
Que seguirá...el!! Vaia troula!!
O pobo
galego saberá recoñecer a mentira que se agocha na troula e darlle ao señor
este seu ben merecido repouso e mandalo a Madrid –seguro que devece por iso-
como ministro de Rajoy ao que non lle quedan máis que dous telexornais NO-DO
como presidente en canto rematen as eleccións do 21 de outubro, xa que a
Troika, desde ese día, como xa o fai agora de forma máis disimulada, recibirá o
convite de Rajoy para sentarse no lugar onde debe residir a soberanía do
pobo. Non o permitamos. Nin en Galicia
o 21 de outubro. Nin no Estado.
dimanche 22 juillet 2012
SOBRE AFIRMACIÓNS QUE SE NEGAN A SI MESMO: 'NACIONALISMO' NON É SINÓNIMO DE 'ESQUERDAS'
Candidato del BNG a la Xunta y diputado en el Congreso
Jorquera (BNG): "En Galicia, para ser nacionalista hay que ser de izquierdas y para ser de izquierdas, nacionalista"
Este é o titular que, alegremente, e de forma interesada, claro, recrea Europa Press, logo da entrevista a Jorquera.
E, como me sinto aludido, replico de forma tranquila para negar as dúas afirmacións debido a que, na súa circularidade semántica, conducen a unha dobre negación lóxica:
a) non está demostrado que ser nacionalista signifique ser de esquerdas e, polo tanto,
b) non está demostrado que sexa unha condición sine qua non que, para ser de esquerdas, se teña que ser nacionalista.
Pero xa advirto antes que tampouco vou caer nos outros axiomas existentes que se refiren á imposibilidade de que o nacionalismo sexa de esquerdas.
Considero que as definicións apriorísticas non relicten a realidade, senón que son simples instrumentos descritivos cheos de estereotipos e prexuízos. Polo tanto, será a realidade, a que permita establecer se un é de esquerdas ou non.
Por iso, resulta moi cuestionable a crenza de que os nacionalismos "de minorías"(as nacións sen Estado) son positivos a priori. Coñecemos exemplos en Europa que, en virtude, dunha necesidade de reafirmación dos trazos "nacionais" propios puxeron en marcha mecanismos de segregación e diferenciación de colectivos sociais. Isto, fágao que o faga, é antidemocrático e non é de esquerdas.
Ningunha institución en si mesmo serve para levar a esquerda á vida da maioría das persoas se non está en mans de organizacións de esquerdas. Unha nación con Estado propio, só polo feito de selo, non implica nada. Pode ser un terrible instrumento de represión para co seu pobo.
En efecto, o nacionalismo de Estado que practica o PP é...un simple espellismo? A política de intervencionismo do goberno do PP que desfai o mapa do poder que confiren os estatutos de autonomía...é simple ilusión?
Desexo lembrar que hai xa anos que todos os estado-membro de Europa puxeron en marcha mecanismos de exclusión para a concesión da cidadanía. E que, en España os que aplicaron e puxeron en marcha mediante as represoras Leis de Inmigración estes mecanismos foron o PP e o PSOE. A primeira, sabémolo, de dereitas. A segunda...??? En calquera caso, mostras dun nacionalismo de estado excluínte totalmente repulsivo.
E camiñando na liña da exclusión: pode ser o nacionalismo do que se reclama a ultradereita inocente? Quero recordarlle a Jorquera que hai pequenos grupos de ideoloxía nacionalista galega que proclaman certos asertos relacionados coa supremacía da "raza celta". Eles son tamén nacionalistas, tal como o foron os nazis, non o esquezamos.
Por iso, crer que o nacionalismo galego había ser, só polo feito de existir, de esquerdas, é un absurdo epistémico. Non toda organización nacionalista é, por principios, de esquerdas. (De feito, pode aseverar Jorquera que o goberno nacionalista durante o tempo do bipartito foi realmente de esquerdas? Eu manteño serias dúbidas, tal como deixei escrito no seu momento neste blog.)
Non existe correlación directa entre nacionalista e ser de esquerdas. Nin sequera, mesmo, cando un presume que é de esquerdas (aínda os hai que pensan que o que fixo o PSOE no goberno foi de esquerdas), aplica necesariamente políticas de esquerdas.
Todo depende, no fondo, do programa político (a tese) co que nos presentamos ante a sociedade que elixe e a coherencia e ética na aplicación real (a praxe) das medidas previstas nese programa político.
Negando, polo tanto, relación directa entre os termos nacionalista e esquerdas...queda outra cuestión que xa abrollou antes: que entende cada quen por esquerda.
Pero ese, amigos e amigas, xa é outro cantar.
P.S.: No fondo, non deixa de transparentar nese titular, a necesidade de reafirmación ante o grupo de escindidos do BNG que, tamén, se autodefinen de esquerdas e nacionalistas.
samedi 14 juillet 2012
SOBRE A MENTIRA OU COMO A IDIOTEZ SE XUSTIFICA A SI MESMA
Nada
máis 'fermoso' que poñerse a ler como se xustifica a quebra da economía dos petos
da clase traballadora. O que padecemos en termos de microeconomía, a que
podemos chamar economía do sentido común, son simples “reformas estruturais”,
escritas co verniz da palabrería barata que nos fai sentir que somos idiotas,
porque nos queren tratar como tales ao dicir que isto faise polo noso ben:
“Las
nuevas reformas estructurales son también claves no solo para garantizar que
nuestro país flexibiliza su estructura productiva y se prepara de modo óptimo
para la siguiente fase expansiva del ciclo, sino para generar crecimiento
adicional y compensar parcialmente de esta forma el impacto restrictivo de la
política fiscal a corto plazo. A medio plazo, los dos tipos de reformas
combinarán efectos en la misma dirección y serán inequívocamente positivas para
recuperar el crecimiento de la economía, de la producción y del empleo.” (BOE,
nº 168, Real Decreto-ley 20/2012, de 13 de julio, de medidas para garantizar
la estabilidad presupuestaria y de fomento de la competitividad, p. 50428)
As palabras
nunca son inocentes e traducen ideoloxía. O peor é que exercen de falsos
profetas –en innumerables ocasións xa demostraron que nunca acertan os
economistas do sistema coa diagnose e coas solucións- e anuncian que así nos
preparamos para a seguinte fase expansiva do ciclo, para xerar crecemento
adicional e claro, isto serviría para aliviarnos aos de abaixo do atraco a man
armada.
Son tan
mesquinos e vomitivos que á hora de xustificar a eliminación da axuda no IRPF
por compra de vivenda din que é porque no futuro o sector ha situarse nun
horizonte de paulatina recuperación. En que país vive esta tropa? Como pensan
vender (co incremento do IVE e eliminación das axudas para os trámites iniciais
e a do IRPF) os milleiros de vivendas baleiras? Quen terá traballo ou un salario
digno para acceder a un crédito hipotecario coas condicións futuras ás que a banca (non)concederá os préstamos? [O único e sensato camiño sería que o Estado expropiara toda vivenda
baleira en mans dos bancos –para algo se lles axuda, digo eu- e empregalas como
vivendas en réxime de alugueiro a prezo social]
“Las
desgravaciones en el IRPF por vivienda, tras haber sido de utilidad en un año
de especial debilidad de la demanda de viviendas, se eliminan también en 2013
en un horizonte de paulatina recuperación
de las variables fundamentales de este tipo de gasto.”
E trememos,
compañeiros e compañeiras, xa que anuncian máis medidas –algo, ademais, lóxico
e inevitable, na mentalidade turbocapitalista, xa que todas estas medidas non
van servir para nada do que afirman vai servir:
“Por
otro lado, todas estas medidas, junto con otras que se prevé adoptar a medio
plazo”...
As
xustificacións non deixan de encadearse á idiotez nas tres primeiras páxinas.
Para os voitres todos os recortes aspiran a abrir novos mercados ao sector
privado:
“Todas
ellas tienen por fin último abrir nuevos mercados al sector privado y fomentar
el desarrollo de la innovación y de nuevos servicios en sectores críticos para
el crecimiento de la productividad y la reducción de costes empresariales.”
Dito doutro
modo, deixamos en paz aos ricos, que son amnistiados, non tocamos a tributación
das SICAV, non tocamos os privilexios da igrexa e dos poderosos, para “joder”
ás persoas en situación de desemprego, ás que son pensionistas, as que son
funcionarias para alimentar a privatización dos servizos públicos e mellorar as
condicións neoescravistas do traballo do futuro.
Pero,
repito, aínda así, aquí non van “crecer” nin as plantas, ou si, por desgraza,
medrarán as persoas en situación de exclusión social, as desempregadas, as
desesperanzadas.
Cárgome a
metade do Plan Concertado, pechan unidades de atención á drogodependencia, ás
persoas con VIH, non hai educadoras sociais nos pequenos concellos galegos,
reduzo a financiación para a dependencia, fago o mesmo coa sanidade e coa
educación, pero teño os “santos collóns” de dicir que non vai “menoscabar la
prestación de los servicios públicos esenciales”...Pero, que mentirosos sodes!!
Non me extraña que queirades situar aos de intereconomía ou telemadrid na TVE,
así é máis doado facer pasar por verdades as mentiras.
“La
actual coyuntura económica y la necesidad de reducir el déficit público sin
menoscabar la prestación de los servicios públicos esenciales”
E podería
seguir asi. Todo o documento fede a mentira. A idiota xustificación.
Eu non creo
en nada. Son ateo. Pero vós –quizais de forma tamén mentirosa- dicides que si,
que credes. Por iso, se hai inferno...desexo que vos queimedes nel..Iso si, de
forma paulatina.
mardi 10 juillet 2012
TRÁXICAS CONSECUENCIAS NOS SERVIZOS SOCIAIS...ANÚNCIASE A LONGA NOITE DE PEDRA DA DITADURA FINANCEIRA
O recorte anunciado pola insondable Ana Mato,ou impronunciable, xa que no apelido, cando se lle pregunta, a resposta, "Eu, mato!", anuncia, cada vez que se conxuga, terribles consecuencias.
Hoxe, non foi menos. O Plan Concertado, o que debera servir para aliviar a situación dos servizos sociais dos Concellos, vése reducido para Galicia nun 46% con respecto ao 2011 de 7.230.133
millóns a 3.938.981,4. Terrible. As consecuencias serán dramáticas.
En Vigo, quizais anticipándose, xa despediron ás 4 persoas que traballaban para a Fundación do Secretariado Xitano, que desenvolvían accións en materia de convivencia intercultural. Pois nada. Non hai convenio. Agora 4 persoas máis directamente ao paro.
Nalgúns pequenos concellos (coñezo a experiencia dalgún deles), as educadoras sociais, que exercían unha función necesaria, en cooperación cos centros educativos, de apoio a familias con dificultades e desestruturadas, foron despedidas hai un par de meses. Mellor dito, non renovadas. Porque non hai liquidez. Dá igual. Persoas que engrosan as listas interminables do desemprego.
Resume moi ben o xornalista de Praza Pública, David Lombao, a situación:
"Así as cousas, a inmolación destes servizos sociais no altar do déficit
supón que os concellos galegos deixarán de dispoñer de 4,6 de cada 10
euros para, por exemplo, as súas redes de servizos sociais municipais,
que implican servizos tan delicados como a axuda a domicilio ou a
teleasistencia para persoas maiores que viven soas. Do mesmo
xeito, estes cartos financian tamén comedores sociais, centros de día,
pequenas residencias de anciáns, pisos tutelados, albergues para persoas
sen fogar ou centros de acollida para "persoas con graves problemas de convivencia".(Praza Pública, 10-xullo-2012)
O dito. Unha traxedia máis, na longa noite de pedra que a ditadura financeira está creando.
Nestas condicións, se antes tiña algunha dúbida, agora xa non a teño, non. E digo que ten razón o economista Pedro Montes (excelente entrevista no último número de El Viejo Topo). Vaiámonos do euro. Pasarémolo mal ao inicio, pero nos recuperaremos. Pouco a pouco. Pero o faremos. De seguirmos no euro e na doutrina do déficit, seguiremos así ad eternam, cun país, isto é cuns orzamentos hipotecados e controlados polos voitres capitalistas. Si. Vaiámonos del.
samedi 7 juillet 2012
46 MINUTOS DE SOMETEMENTO DA EDUCACIÓN AOS PARÁMETROS DA COMPETITIVIDADE E DA EXCELENCIA
46 minutos. Poden ser poucos.Ou moitos. Depende da subxectividade coa que nos enfrontemos ao acto en cuestión. 46 minutos. Ese é o tempo que dura a charla-exposición do ministro Wert sobre a reforma educación non universitaria dada no foro de dereitas da FAES.
A verdade é que perdín eses 46 longos minutos porque, queira ou non, son docente e sei que a tos destes homes da dereita, rematará por inocular un perigoso virus para o curso 2013-2014, unha vez presenten a súa reforma educativa no parlamento entre os meses de outubro-novembro de 2012.
E tamén, como non, puiden comprobar que, en esencia, algúns medios de comunicación non recolleron ben unha das partes máis importantes para moitos dos centros públicos galegos. Estou pensando nos Centros Públicos Integrados que ofrecen desde Educación Infantil a Educación Secundaria obrigatoria. Logo insistirei niso.
Unha circunstancia domina o discurso deste home de dereitas: a economía imponse ao sistema educativo. Dito doutra forma: a educación é contemplada desde a empregabilidade das persoas usuarias. Todo baixo o manto da excelencia e competitividade. En varias ocasións manifesta que a educación supón un esforzo (económico), para logo deixar caer que non existe relación entre aumento de recursos e mellora da calidade. Cando fala de bolsas, xa se lle vé que lle ten xenreira á política de igualdade de oportunidades, pois di que xa non se outorgan tendo en conta a 'concorrencia competitiva'.
O ministro Wert considera os informes PISA coma o Santo Graal do Ensino. Eles achegan todo o que hai que saber para saber que facer. Destaca, unha vez máis, que os resultados de España son malos, mediocres, porque, ademais, só hai un 3% de alumnado excelente (fronte ao 8% de Europa).
Escápaselle que quere unha elite que sexa quen de rexer a economía futura do país (como non menciona de forma expresa á pública, imaxino que pensa na patronal privada, tendo en conta que aos da pública nos considera mediocres).
Esta elite confróntase co fracaso escolar (= alumnado que non titula na ESO, un 26%) e co alumnado que deixa de estudar entre os 18 e os 24 anos. Con respecto ao alumnado que non titula, o ministro demostra unha soberana ignorancia da propia Lei educativa, xa que afirma que este alumnado non titula e iso que se titula "dunha forma bastante laxa" e exemplifica con que se concede o título até con 3 suspensas e con 12/13 asignaturas ás cóstas. Isto é, sinxelamente, unha mentira. As pendentes contan para titular e entran no cómputo das materias. En que escola aprendería o ministro a ler? Fáltalle comprensión lectora con respecto ás leis educativas que son as que debe dominar polo seu cargo? Ou sinxelamente minte para acadar o seu obxectivo?
Como podedes pensar que falo por falar. Recollamos, para honrar á verdade, os artigos 12.2 e 12.3 do Decreto 133/2007, do 5 de xullo, polo que se regulan as ensinanzas da educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia, que din que para promocionar: 2. O alumnado promocionará ao curso seguinte cando teña superados os obxectivos das materias cursadas ou teña avaliación negativa en dúas materias como máximo. 3. O alumnado repetirá curso cando sexa avaliado negativamente en tres ou máis materias. 4. Excepcionalmente, o equipo docente poderá autorizar a promoción con avaliación negativa en tres materias se considera que a natureza destas non lle impide ao alumnado seguir con éxito o curso seguinte, que ten expectativas favorables de recuperación e que a dita promoción beneficiará a súa evolución académica.
No tocante á titulación en ESO, véxase o artigo 17.2: O alumnado que supere todas as materias da etapa obterá o título de graduado en educación secundaria obrigatoria. Da mesma maneira, poderán obter o devandito título as alumnas e alumnos que rematasen o cuarto curso con avaliación negativa nunha ou dúas materias, e excepcionalmente en tres, sempre que o equipo docente considere que a natureza e o peso destas no conxunto da etapa non lles impediu alcanzar as competencias básicas e os obxectivos da etapa.
Con posterioridade, saíron dúas ordes máis concretas sobre avaliación:
- a Orde do 21 de decembro de 2007 pola que se regula a avaliación na educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia. Nos artigos 6.2. e 6.3. repite o que figura no Decreto anteriormente citado no tocante a promoción; e no artigo 7.2. repite en esencia o mesmo ca o Decreto con respecto á titulación.
- a Orde do 23 de xuño de 2008 pola que se modifica a do 21 de decembro de 2007 pola que se regula a avaliación na educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia, onde se modifícan dous artigos sobre a avaliación con respecto á Orde anterior:
Un.-O punto 4 de artigo 6 queda redactado como segue: «No cómputo das materias para efectos de promoción, consideraranse tanto as materias non superadas do propio curso como as de cursos anteriores. O proxecto interdisciplinar, cuxas características quedan expresadas no artigo 4, punto 8, non computará á hora de considerar o número de materias para os efectos de promoción ao seguinte curso académico».
A diferenza é que se elimina da redacción do punto a referencia "Para estes efectos computarase como unha única materia as de diferentes cursos que teñan a mesma denominación". Isto é, pasan a considerarse como materias diferentes as materias suspensas de cursos diferentes que teñan a mesma denominación. Polo tanto, quen chegue a 4º ESO con materias pendentes Francés 1º e Francés 2º terá dúas materias suspensas e non unha como daba a entender a Orde do 21 de decembro de 2007 que, debido ás queixas, durou só un curso.
Dous.-O punto 6 do artigo 7 queda redactado como segue: «Para os efectos de titulación, computaranse como materias con avaliación negativa tanto as suspensas do propio curso como as de cursos anteriores», que se corresponde co mesmo desexo de considerar como materias distintas ás que teñen mesma denominación.
Esta realidade impide, desde logo, ter en conta coma un bo coñecedor do seu cargo ao ministro Wert. Todo o contrario.
No seguinte aspecto no que me vou centrar ten que ver coa nova estrutura que desexa introducir nos dous últimos cursos da ESO:
a) introducir unha lixeirísima carga de materias optativas orientadas cara ao mundo da Formación Profesional;
b) conversión de 4º curso en "sendos cursos", un de iniciación ao Bacharelato, outro de iniciación á Formación Profesional e ambos cursos rematados cunha proba de avaliación nacional (española), externa que serían fronteiras para poder seguir eses estudos. Aquí, como se pode imaxinar un, faltan moitos datos para sabermos que lle pasa a un alumno que aprobou todas materias do curso de iniciación pero que suspende a proba: repite o curso por completo? perde un ano á espera de poder repetir a proba?
Poderán os CPI's ofertar eses dous cursos de iniciación? De novo, á espera de sabermos os detalles da reforma, a incertidume abátese sobre as plantillas do profesorado de secundaria dos CPI's.
A paixón de Wert polo modelo PISA lévao a instalar ao remate de 6º EP unha proba de avaliación. A proba será tamén nacional e externa. Pode suceder que o alumno ou alumna aprobara 6º a xuízo do profesorado do centro e que a proba ditamine que suspende. Que acontece entón? Se suspende e non repetiu, repetiría 6º. E se xa repetiu, pasaría a 1º ESO cun informe que recomendaría a atención individualizada. Fixense vostedes: unha proba externa verase confrontada ao proceso avaliativo da xunta de profesores e profesoras, que considera na nota outros ponderables que unha proba de nivel non fai. U-la autonomía do centro?
E resulta curioso isto, xa que o propio ministro insiste en que quere impulsar dita autonomía e menciona mesmo que terían capacidade para "desenvolvementos curriculares", e mesmo "especializacións" (aquí menciona os experimentos da súa amiga Esperanza Aguirre en Madrid).
c) Un terceiro aspecto será o de afortalar as instrumentais (citou: linguas, matemáticas, ciencias, inglés)...en detrimento de??? Sería a ocasión perfecta para que a relixión saíse do horario escolar e do currículo. Pero...
sabemos que a teima destes idólatras será outra ben diferente.
En resumidas contas, toda unha verborrea sobre a competitividade, sobre a suposta mediocridade do noso sistema, e sobre a panacea que representará a elección anticipada dos itinerarios e a cultura da avaliación. Ben sazonada con datos falsos sobre a titulación en 4º ESO.
E todo,
segundo semella, ignorando que o sistema educativo precisa de boa financiación,
de recursos materiais e persoais, e non o clima actual de recortes. Como
pretende levar a cabo a súa reforma cando a tesoira neoliberal que aplica poda as
posibilidades da educación pública?
dimanche 1 juillet 2012
DESTRUCCIÓN MASIVA. GEOPOLÍTICA DEL HAMBRE, DE JEAN ZIEGLER
Baixo o ruído que se escoita, despois do primeiro gol de España fronte a Italia, decidín abrilo. Adquirino hai unha semana, pero, debido ao inclemente fin de curso, non puidera achegarme a el. Recoñezo que sinto paixón lectora por toda obra de Ziegler. Fala sen medo. Directamente. Con coñecemento de causa. O tema é a fame. Hoxe só deixarei aquí unhas palabras do prólogo:
"La destrucción, cada año, de decenas de millones de hombres, mujeres y niños por causa del hambre constituye el escándalo de nuestro siglo.
Cada cinco segundos un niño menor de diez años muere de hambre. En un planeta que, sin embargo, vomita riquezas...
En su estado actual, en efecto, la agricultura mundial podría alimentar sin problemas a 12.000 millones de seres humanos; o sea, al doble de la población actual.
No existe, pues, a este respecto, ninguna fatalidad.
Un niño que muere de hambre es un niño asesinado".
Outro día farei un resumo máis amplo.
Inscription à :
Articles (Atom)
