Escoitando a publicidade da campaña en contra da violencia machista, do Goberno de España, din en pensar que:
- Teño unha mente deformada pola miña formación filolóxica e vexo aspectos que atrancan a recta comunicación en diferentes soportes;
Os motivos? Non sei, pero penso que o lema final podería ser menos ambiguo: "no hay una sola víctima" dáme que pensar en algo inconcluso, ambigüo, como cando dicimos "no hay un solo día"...apela a algo máis. Ou mesmo cambiemos "sola" por "triste" e teremos: "no hay una triste víctima" que, por suposto non é o que teñen en mente os publicistas e os que concederon o visto e prace.
Coido que quedaría máis claro dicindo as cousas de forma clara: "a violencia machista destrúe a todas as persoas".
Bah!, pode que sexan freakadas miñas, agora que a febre ataca as miñas defensas, augurando unha entrada no 2011 tusindo e medicándome...
Aucun commentaire:
Enregistrer un commentaire