quizais
en cada man
aberta
e mutilada
mentres
agardaba na
apertura do laio
un abrazo
que nunca chegou
unha calor
que perdeu o norte
Puiden
morrer
quizais
en cada
perna estirada
e fendida
que deveceu
unha terra
semente de esperanza
onde camiñar
sen medo a caer
Puiden
morrer
quizais
en cada
ollada sacudida
polos
espellos do odio
da
indiferenza vestida de palabras
espidas e
pobre de amores
Puiden
morrer
ou quizais
xa estea
morto
ou non pode
que sexa este fío
delicado
invisible de humanidade
o que me
nutre
o que me
mata
e define o
meu ser
No entanto
morro
porque a miña
man
non dá abeirado toda a dor
porque a miña
terra é soidade
e a miña
ollada
non atura
este absurdo
mundo de
fronteiras de morte
Alumear a
luz
a billa da
fraternidade
pode non ser
suficiente
mais é o
fío que me queda
para
sentirme
aínda
e a pesar
de todo
vivo
Aucun commentaire:
Enregistrer un commentaire