A de hoxe é dunha tal Elena Valencia, si, unha responsable política do PSOE que, acolléndose á xustificación popular da excitación do partido proclamou aos catro ventos a fealdade de Ribéry.
Vou deixar de lado que esta señora en vez de comentar algunha estratexia, algunha incursión na táctica dos equipos contendentes, ou algunha variable propia do deporte, se dedique a comentar en twitter algo tan fondo como a fealdade dun xogador. En si mesmo, o comentario da señora ten a marca do machismo. Fan o mesmo que din criticar desas voces que se "meten" coa calidade xornalística de Sara Carbonero.
O peor é ser ignorante e proclamalo aos catro ventos, xa que o bo de Ribéry tivo un grave accidente cando era meniño que case o mata e que lle deixou graves secuelas en forma de cicatrices.
En fin, unha mostra máis do que temos...e do que nos merecemos??
Como queira que me sinto xeneroso ás 2 da madrugada, teño a ben recomendarlle á señora Valenciano a interesante lectura do libro de Umberto Eco. Aprenderá moito sobre a evolución dos patróns estéticos,algo, ves, que preocupa moito á política cando ve un partido de fútbol.
Aucun commentaire:
Enregistrer un commentaire