Con estas amables declaracións inicia a súa editorial o director da revista Tiempo (nº 1559, p. 4) e así, polo tanto, define e caracteriza o que foi un dos episodios máis lamentables da historia recente de España.
Aínda me pregunto, despois de ler a aberrante, por edulcorada, descrición do director desta revista, que entende por empate, con quen empatamos, e que honra hai en mentir -así hai que describir o comportamento inmoral do equipo de goberno do PP horas antes do rescate financeiro- e en entregar desde o Estado vía FROB milleiros de millóns de euros a unha banca empodrecida e envilecida pola cobiza especuladora na que, voluntariamente, se introduciron.
Se un le a carta do director mesmo semella que é un emisario do PP, xa que, por suposto, el sabe o que ninguén sabe para contar o percorrido da historia para xustificar a inevitabilidade do rescate bancario.
Nese percorrido figura tamén Bankia. Aí só unha pequena crítica a Rajoy polo "torpe manejo de la crisis de Bankia". Asociada a esta crise está a numeroloxía: a cantidade exacta que precisaba Bankia para sanearse. Interesante comprobar como o poder omnipotente do director permanece cando di que algunhas cantidades "por cierto salieron a relucir en esa subcomisión medio secreta del Congreso de los Diputados sobre el famoso FROB". Tanto secretismo feito público,,,hehehe.
Pero segue o asunto da editorial e, claro, para xustificar o rescate aparece, como non, ao igual que en calquera discurso elaborado polo PP, o nome de Zapatero: "España se quedó sin crédito porque en apenas cuatro años, en la segunda legislatura de José Luis Rodríguez Zapatero, dobló su deuda pública".
E, claro, adopta tamén o eufemismo (que foi mentira) empregado polo PP: "España, en ningún caso, pediría ni aceptaría el rescate del país. Sí admitiría que se ayudara a sus bancos con problemas" e remata a farsa xustificatoria empregando, o mesmiño que o propio Rajoy, ao equipo da selección española de fútbol, non sen antes recalcar que Rajoy conseguira "en el último momento, un empate honroso".
De verdade, desinformación, manipulación e todo o que queiramos.
En ningún momento, por suposto, menciona as condicións que serán, ao final, as que quebren aínda máis, as posibilidades da clase traballadora deste país. Tampouco se aclara que o diñeiro prestado redundará nun aumento da débeda pública, e tampouco que os intereses dese rescate financeiro gravarán directamente sobre o déficit.
Representa unha hipoteca sobre os nosos orzamentos ad futurum, isto é, supón unha hipoteca sobre os servizos públicos que así, coa xustificación de devolver o diñeiro do rescate, se verán sometidos, aínda máis, a unha progresiva degradación e (de non remedialo nós, o pobo) irreversible privatización. É unha lousa que irá sepultando dereitos da clase traballadora.
Representa unha hipoteca sobre os nosos orzamentos ad futurum, isto é, supón unha hipoteca sobre os servizos públicos que así, coa xustificación de devolver o diñeiro do rescate, se verán sometidos, aínda máis, a unha progresiva degradación e (de non remedialo nós, o pobo) irreversible privatización. É unha lousa que irá sepultando dereitos da clase traballadora.
Como recomenda Jean Ziegler, España non debe pagar a débeda pública, froito da especulación e da economía-casino que nos domina. En ningún momento da editorial asoma o pobo, non se menciona, supoño que de forma deliberada para así incidir na mensaxe principal: o diñeiro é só para sanear a banca. Claro: pero á nosa costa, tal como recomenda xa a antidemocrática Troika (FMI, BCE, Comisión Europea). Isto último tampouco o mencionan.
É incrible tanta ousadía e tanta mentira. Mentres, en toda Europa, a prensa seria amosa estar abraiada cos nosos dirixentes.
Se teñen que caer os bancos podres...que caian. Que se depuren responsabilidades e se enxuícen os comportamentos e actos da clase financeira e política. Que se vaia erixindo unha banca pública sostida cos principios da banca ética. Non paguemos a débeda pública. Agora vense en Galicia os resultados experimentais da fusión das caixas galegas -criticada neste mesmo blog por quen escribe- no enxendro que retén diñeiro en participacións preferentes mediante enganos. E xa veredes quen o adquire -despois de ser saneado co noso esforzo- co diñeiro que, en principio, debe servir para sanear....
Aucun commentaire:
Enregistrer un commentaire