Eis a miña intervención, en nome de AGE, no Pleno do Parlamento, do día 11 de xuño de 2014, defendendo a creación dunha Comisión Non Permanente de Estudo da Fraude Fiscal en Galicia, iniciativa formulada polo BNG.
Que
acontece? Que acontece para que Galicia e o Estado se convirtan no
sexto país de Europa en número de superricos, 1.625, ao mesmo tempo
que somos os lugares onde máis medrou a pobreza infantil, por
exemplo.
Esta
desigualdade está sendo amparada, e mesmo provocada, por políticas
que permiten todos os xogos de enxeñería fiscal, amais de amnistías
que beneficiaron a ese club de enriquecidos, mentres que para a
maioría social se receitaba recortes e autericidio.
Unha
enxeñería fiscal que fai da elusión fiscal unha das pezas
privilexiadas para enviar o diñeiro que se salva de pasar pola
transparencia da fiscalidade pública a algún dos numerosos paraísos
fiscais tolerados polo sistema capitalista.
Mais
como non lles chega a elusión fiscal que, ao final, algo queda nas
arcas públicas do inmenso caudalde diñeiro, operan á marxe da lei
practicando a evasión fiscal. Un neoliberal e financieiro sálvese
quen poda que rouba o diñeiro das arcas públicas onde debera ser
reutilizado para beneficio da maioría social en dereitos e servizos
públicos.
A
fraude fiscal amputa a democracia, lesiona gravemente os dereitos das
persoas. É un buraco negro que devora dereitos, e é o argumento que
empregan as oligarquias, as mesmas que rouban, para degradar os nosos
servizos públicos, dicindo que non hai diñeiro. 9,5 billóns de
euros están en paraísos fiscais relacionados coa UE. Insistimos, a
fraude é a coartada para atacar as nosas pensións, os nosos
salarios e todas as axudas sociais.
O
último informe de Gestha, realizado en colaboración coa Universitat
Rovira i Virgili, A economía mergullada pasa factura. O avance
da fraude en España durante a crise, é demoledor. Produce
vergoña e noxo ver como se amparan estas condutas fraudulentas.
Prácticas que matan o porvir das persoas máis desfavorecidos. A
esas que se mira con lupa por se non fan bo uso dunhas axudas sociais
cada vez máis rídículas. Mentres esas 1625 persoas rin a conta dos
seus dereitos. De feito, as grandes fortunas e grandes empresas
defraudaron 42.711 millóns no 2010, un 71,8% do total.
No
estado español un 25,6% do diñeiro escapa ao control do fisco.
Durante a crise 15.000 millóns de euros por ano, para un total de
60.000 millóns entre 2008 e 2012.
63
% da cidadania considera que a fraude afecta á súa vida;
66,9%
pensa que o goberno fai pouco ou moi pouco para atallar a fraude;
95%
cre que a corrupción está xeralizada;
a
corrupción e a fraude segundo o CIS son o primeiro problema
Concordamos
coa análise que realiza Gestha: son 4 piares son que sustentan o
edificio da fraude fiscal e da economía mergullada:
1)
que aínda vivimos as consecuencias do boom inmobiliario;
2)
que existe un paro desorbitado (26%); canto máis paro, máis
economía mergullada;
3)
que existe unha suba de impostos sen control tributario eficiente que
permite os xogos perversos e malvados, nada éticos e inmorais, da
enxeñería financieira;
4)
unha moral fiscal relaxada que se asenta no comportamento nada
exemplarizante das elites e dos cargos políticos.
1
millón de empresas actúa en B
competencia
desleal e sobreesforzo fiscal para máis de 3 millóns de persoas
autónomas que si pagan os seus impostos.
E
tamén concordamos en que a administración pública non actúa por
diversos motivos:
1)
a economía mergullada é un colchón social que impide o estourido
social e o subseguinte cambio de políticas en Galicia e no Estado;
2)
porque prefiren continuar co marquetin de cifras e dar como grandes
resultados os feitos parciais de cada ano, sen que se trate unha
estratexia global
Gestha
propón como medida necesaria que se coñeza a verdadeira dimensión
da fraude a través de estudos oficiais. Temos a oportunidade, desde
o Parlamento de Galicia, de responder a ese reto, e estudar con
detalle todo o que significa a fraude fiscal en Galicia, onde 14.100
M€ non pasan polos controis fiscais pertinentes (25,6% do PIB, un
punto máis ca no Estado).
Sexamos
quen de aqui ser vangarda e actuar coa ética e transparencia
necesarias. Constitúamos esta Comisión de Estudo e conduzamos os
traballos cara a un ditame que implique ao executivo. Sen coñecer a
dimensión da fraude, sen estudos sobre a economía mergullada non se
pode loitar de forma eficaz contra ela.
Sería
a ocasión perfecta para que o executivo cumpra coas súas obrigas.
Temos que lembrar que o 12 de novembro de 2013 o Pleno do Parlamento
de Galicia acordou por unanimidade introducir no Plan Xeral de
Control Tributario un plan específico para controlar fiscalmente as
operacións mercantís e transmisións patrioniais realizadas polos
grandes patrimonios para evitar a fraude fiscal. Pois ben no DOG
deste 28 de maio, que daba conta da reslución do 16 demaio, a
Dirección da Axencia Tributaria de Galicia emite os Criterios Xerais
do Plan Xeral de Control Tributario 2014 e nel non se inclúe o
mandatado polo Pleno do Parlamento, onde reside a soberanía do pobo
para lexislar. Denunciamos este feito e pedimos que se rectifique xa.
Como
dicía Albert Einstein: "Dar exemplo non é a principal maneira
de influír nos demais, é a única". Ser exemplarizantes.
Actuar. Ser éticos. Ser democráticos...serán as mellores
ferramentas sensibilizadoras para que a sociedade se implique na
tarefa de reducir canto máis mellor a economía mergullada e a
fraude fiscal.
Aucun commentaire:
Enregistrer un commentaire