A
DESIGUALDADE É ENFERMIDADE DO SÉCULO XXI
unha
das cuestións esenciais para definir cara a onde imos, que sociedade
estamos construíndo. Hai mesmo teses académicas centradas ao redor
do estudo da esencia do capital, ao longo da historia, e esas teses,
como a de Thomas Piketty fala de que o capitalismo produce
mecanicamente desigualdades insostibes, arbitrarias, cando a taxa de
rendemento do capital supera de modo constante a taxa de crecemento
da produción e do ingreso. Mais tamén, desde un enfoque
antropolóxico, o profesor norteamericano David Harvey analiza,
mediante o método confrontativo da dialéctica as 17 contradicións
do capitalismo e resalta como se erixe unha verdade: o que existe
sobre a terra debe ser en principio sometido, sempre que sexa
tecnicamente posible, á mercantilización, monetización e
privatización. A vivenda, a sanidade, os servizos públicos
evolucionaron nesa dirección e tamén as actvidade bélicas, as
gubernamentais. Un sistema que fai do valor de cambio o amo, e
converte en escravo o valor de uso, que converteu en mercadorías ao
traballo, á terra e ao propio diñeiro, conduce, inevitablemente,
cando se produce a disparidade na posesión desas mercadorías que
describe Piketty a unha enorme e inxusta desigualdade. E non hai nada
máis claro que todo é froito de decisións políticas, sobre todo
desde o dominio do pensamento único neoliberal na década do 70 do
século XX. A decisións en materia fiscal e financeira. Decisións
que permitiron a acumulación de capital e frearon, cando non
liquidaron, a redistribución da riqueza.
Hoxe, as persoas vémonos confrontadas ao que o filósofo Gómez Pin describe como insoportable:
"Es simplemente insoportable que la dialéctica trabajo embrutecedor-pavor a perder tal vínculo esclavo se haya convertido en el problema mayor de la existencia"
DEMOCRACIA
– EQUIDADE – XUSTIZA SOCIAL
A
METADE DA RENDA MUNDIAL EN MANS DO 1% MÁIS RICO = 110 BILLÓNS DE
DÓLARES...65 VECES MÁIS CA O QUE POSÚE A METADE MÁIS EMPOBRECIDA
SECUESTRO
DAS INSTITUCIÓNS => REGULARIZACIÓN NORMATIVA OLIGÁRQUICA =>
DESEÑO ECONÓMICO FINANCEIRO => HISTORIA DUNHA DESPOSESIÓN
-
políticas fiscais non redistributivas
-
fiscalidade indirecta regresiva
-
redución de impostos empresas e rendas elevadas e bonificacións de
diverso tipo no imposto de sucesións, no de patrimonio, no de
sociedades
-
amnistía fiscal 2012
-
escasa presión sobre as plusvalías
-
conversión das rendas de capital en rendas de aforro que se erguen
sobre as rendas do traballo
-
mecanismos de enxeñería fiscal permitidos que provocan que a suba
de IRPF penalice ás rendas menos favorecidas, xa que a minoría
enriquecida leva a cabo estratexias de elusión fiscal (SICAV;
entidades de tenencia de valores estranxeiros) e de evasión, que a OCDE inscribe como mecanismos de economía mergullada. Fuxen da súa obriga.
Se a isto lle sumamos a elevación dos impostos indirectos de todo
tipo coma o IVE, as clases traballadoras son as que sofren as
consecuencias das estratexias elusivas e evasivas, que, debido a
políticas recesivas, de recorte e austericidas, levan ao
empobrecemento xeralizado de traballadores e traballadoras: menos
dereitos, menos servizos públicos, menos salario...Unha das
consecuencias desta insolidariedade fiscal tolerada e permitida polo
goberno é que se segue descapitalizando o fondo de reserva para o
pago de pensións (neste novembro retiráronse 8.000 M€ para as
pagas extras de Nadal). Outra...que a prestación por desemprego é
cobrada só polo 57,31% das persoas en situación de desemprego.
Máis
do 40% dos ingresos tributarios do Estado provén do IRPF, e deste o
85% provén do gravame sobre as rendas do traballo; só un 8% deriva
das rendas do capital, e un 7% dos beneficios de actividades
empresariais e profesionais.
O
Consello Económico e Social do Estado a través da Memoria
Socio-Económica e Laboral do 2013. A crise acelerou a diverxencia de
renda entre os que máis atesouran e os que menos teñen.
Debuxa
un mapa da desigualdade que erosiona a nosa democracia en todos os
aspectos e que deixa a Galicia ao bordo do acantilado e nun clima
pauperizado para a maioría das persoas:
-
declive demográfico
-
desemprego galopante (novembro...incremento en 4.622)
-
emigración
-
emprego precario, inestable, temporal
-
salarios baixos:
61,1%
ingresos inferiores a 15.800 €
=
18,3% (menos de 4.500 €)
=
12,6% (ate 9.000 €)
=
13,5% (entre 9.000 – 13.500 €)
=
16,7% (13.500 – 18.000€)
Mentres,
neste noso país, Galicia, as rendas máis altas atesouran o 55% do
PIB de Galicia, 30.267 M€ en mans de 7.338 contribuíntes.
A
desigualdade só trae máis empobrecemento. Trátase dunha decisión
política. E un dos instrumentos máis valiosos para introducir
equidade e xustiza social vén da man dos Orzamentos da Xunta de
Galicia. Mais, no sexenio austericida, só se incrementaron as
dificultades para o acceso a dereitos como sanidade, educación,
servizos sociais. Por iso, para AGE non é certo que o orzamento do
2015 sexa un orzamento expansivo, de recuperación. Cando se di que o
gasto non financeiro se incrementa nun 0,5% Pen 2015, mais o
deflactor do PIB – a variación de prezos- é do 0,6% os recursos
diminúen en termos reais. Non hai máis fondos. Hai menos. É nese
contexto en que os galegos e galegas, cos datos refictidos máis
arriba, han confiar en sañir da crise, da estafa reguladora
neoliberal? Non, xa que vostedes renuncian a restaurar a capacidade
recadatoria e equitativa do noso sistema fiscal. Cando discutimos
sobre o Teito de Gasto para este 2015 xa lle dixemos desde AGE,
empregando argumentos do economista Albino Prada que "vostedes
prometían un lixeiro alivio fiscal a cambio de esquecerse do estado
de benestar, ao que consideran insostible.
Algúns
datos poden axudar a entender o clima en que vivimos:
Cando
se recuperou no ano 2012 o imposto sobre o patrimonio, o delegado
especial da Axencia Tributaria en Galicia, decía que só afectaba a
unhas 6.500 persoas, isto é, unicamento a un 12% dos máis de 54.000
que pagaran esa taxa antes de que se retirara o imposto en 2008.Está
claro que por esta vía os ingresos se reducen e que se beneficia a
quen acumula máis capital. Non resulta aberrante que o mínimo
exento estea en Galicia en 700.000 €?
Imposto
de sucesións e doazóns: 26,55% menos de recadación entre o 2007 e
o 2011, debido a esas bonificacións e deducións que benefician
principalmente a grandes atesouradores de patrimonio. A este respecto
cómpre quizais darlle a razón a Piketty cando di que a loita de
idades (os máis vellos teñen máis ca os novos) non suple a loita
de clases, xa que a excesiva concentración de capital se explica
sobre todo pola importancia que adquire a herdanza e o seu efecto
acumulativo.
Transmisións
patrimoniais onerosas: un 59,28% menos entre 2007 e 2011
Actos
Xurídicos documentados: un 61% menos entre 2007 e 2011
Mentres
no cumio da pirámide social hai privilexiados, cara abaixo, as
cousas operan de forma moi distinta. O certo é que hoxe é un
soporte esencial a pensión das persoas maiores. Mais estas falecen.
E as prestacións por desemprego esgótanse, polo que nos tememos que
esteamos preto dunha nova onda de empobrecemento e exclusión social
dos menos favorecidos.
O
panorama é desolador:
Execucións
hipotecarias e desafiuzamentos
incremento
da taxa de pobreza dos fogares
empobrecemento
xeral: hai que ser máis pobre para ser considerado pobre: 2009:
7.980 €; 2012: 7.355 €
dase
un proceso de cronificación da pobreza e da exclusión social: unha
desas causas as persoas que levan no paro durante máis dun ano (un
58% no Estado); deles un 35% do total de persoas desempregadas levaba
máis de dous anos nesta situación, un 24% máis de 3 anos.
Taxa
AROPE de pobreza, case un 22% en Galicia, indo en incremento
constante desde o ano 2007, onde se establecía unha porcentaxe 9,82
%. As familias non teñen capacidade para afrontar gastos imprevistos
(38%), hai cada vez máis atrancos para chegar a fin de mes (16,6%).
A
unha situación xeral de exclusión, hai que engadir a esas persoas
que pertencen a un colectivo que sofre o racismo frío da
lexislación: referímonos ás persoas migrantes en situación
irregular e ás persoas sen teito (preto de 4.000 en Galicia).
Mesmo
as persoas migrantes comunitarias teñen serias dificutades para
poder acceder á Renda de Inserción de Galicia,xa que se lles pide
estaren inscritas no Rexistro Central de Estranxeiros que pide uns
criterios económicos incompatibles coa propia demanda de RISGA.
Vivimos
no que unha organización como Cáritas denomina "paradoxo da
urxencia", posto que este tipo de prestacións están pensadas
en principio para cubrir neesidades básicas nun contexto de
emerxencia, mais que, paradoxalmente, teñen que agardar meses para
poder contar con ese recurso.
A
faciana da pobreza afecta de forma máis severa aos nenos e nenas,
asi o reflicte Los niños de la recesión. El impacto de la
crisis económica en el bienestar infantil en los países ricos, de
Unicef.
Nun
lustro, entre 2008 e 2013 o maior incremento de pobreza infantil
deuse nos países do sur, como España, Grecia e Italia, os que máis
e mello aplicaron as receitas austericidas da Troika, xunto cos tres
Estados bálticos: as consecuencias: España, Grecia e Letonia teñen
máis de un 36% de taxa de pobreza infantil. Hai países como España
e Grecia que se sitúan no tercio inferior de todas as dimensións
estatísticas analizadas por Unicef, o que sinala a extrema
virulencia da crise e o efecto devastador das políticas austericidas
do goberno e da Xunta, en materia económica, laboral e salarial,
financeira, e de protección social. Os nenos e nenas en situación
de pobreza viven atrapados nun ciclo perigoso, non poden escapar da
situación do fogar familiar, e viven con ansiedade os problemas de
nais e pais. E se falamos da franxa de idade entre 15 e 24 anos entre
2008 e 2013, vemos como se deu un incremento alarmante de desemprego
xuvenil: ao redor do 55%. España cunha suba porcentual de máis de
25 puntos.
E
mentres...o clube dos máis ricos incrementábase un 13% entre
mediados do 2012 e a primeira metade do 2013.
Por
iso, preguntámonos se o goberno galego ten previsto empregar as
medidas fiscais necesarias, sobre todo as que se refiren ao
patrimonio, para avanzar nunha fiscalidade progresiva, redistributiva
e máis xusta.
Aucun commentaire:
Enregistrer un commentaire