vertixe asente do corpo das mentiras
na cunca dos desexos
esfolei a verdade coa miña propia mutilación
pra que valen unha lingua unha man
se non tremen coa túa ausencia
fíxenme forte na illa dos triángulos
sempre preguntando
onde onde estás hoxe?
as túas nádegas xa non son ar
baixo a xema do meu soño
habitan nas runas proféticas
das pedras que mañá serán area
puiden xurar quizais prometín
'nunca vivirei sen amarte'
aí onde o purgatorio de Dante
ignorou a forza da loucura sen razón
vertixe asente do vento mareiro
vomitei terra adentro os arcanxos
e debuxei co sangue as pencas
dos soños que nos roubaron
cando eramos espellos cheos de vida
onde onde estás hoxe?
(A vida sempre se fai de anacos de tempos que vivimos baixo presenzas e ausencias ás veces desexadas as veces indesexadas)
Aucun commentaire:
Enregistrer un commentaire