As
persoas que len este blog xa van coñecendo os avatares do mesmo, os
tempos de silencio e os tempos de expresión aldraxada. Desde que se
decretou o peche dos centros educativos sabía moi ben que a miña
labor de educador e docente, tal como as concibo, desde unha óptica
crítica, eran imposibles. Como dou moito en reflexionalo todo, en
crear no meu maxín os escenarios posibles de todo -defecto asperger-
estiven escribindo na miña cabeza boa parte deste escrito,
curiosamente o día en que tamén outra persoa á que coñezo e leo,
Duarte Correa, escribe en Nós, un artigo que transita polo mesmo
vieiro que aventuro hoxe aquí, "Coronavirus, teletraballo e
educación" (25-III-2020).
Cando
comezaba o presente curso fun até León a defender unha comunicación
que aceptara o comité do 'I Congreso de Educación Crítica e
Inclusiva'. A comunicación procuraba desenvolver unha das miñas
prácticas educativas e docentes que fala da desaceleración como
práctica educativa a través dun proxecto educativo ('Compartindo
Haikus') que trata da creación poética en francés e da inclusión
do alumnado [as actas foron editadas recentemente: Enrique Javier
Díez Gutiérrez / Juan Ramón Rodríguez Fernández (dirs),
Educación para el bien común. Hacia una práctica crítica,
inclusiva y comprometida socialmente, Barcelona, Octaedro, pp.
273-285)]. Como tratei alí algún dos aspectos dos que hoxe vou
falar permitireime citar algunha das pasaxes.
Sen
pretendermos ter razón, pero defendéndoa coa coherencia entre tese e
praxe, consideramos que a nosa tarefa é educadora e docente, isto é,
temos que 'conducir fóra dos' marcos que dominan, condicionan e
modelan a alumnos e alumnas. Esa é, ao noso entender, como dicíamos
no congreso de Léon -e temos incidido neste blog noutras ocasións-
a función primeira nosa: "conducir fuera de los marcos
que condicionan (y modelan) al alumnado, a TODO el
alumnado...emancipándolo, concediéndole las herramientas para
construir su pensamiento crítico y crear su proyecto de ciudadanía
en un mundo hegemonizado hoy por el imaginario del capitalismo
neoliberal" (p. 279).
Pois
ben, isto explica porque dicimos que a
educación está confinada, mentres que o
ensino se pretende transmitir -de forma errada, porque,
no fondo, non podemos disocialo da educación- a
distancia mediante o emprego das pantallas e de
procedementos dixitais.
A
separación dos educadores e docentes dos e das discentes conduce
inevitablemente ao fracaso da función que ten a educación, xa que
confinados, non se remove o marco condicionador, todo o contrario.
Non hai emancipación posible.
Ese
marco condicionador ten condicións de clase, socioeconómicas,
culturais, etc. e só na aula, onde acollemos a
diversidade existente, en contacto, en presenza de todas as variables
existenciais da nosa sociedade (por cuestións de diversidade
funcional, de etnia, etc...) é onde a tarefa educadora e unha
pedagoxía crítica tentan a utopía de 'igualar' a alumnos e
alumnas. Por iso, a escola é unha illa que quere / que debe incluír
a todo o alumnado, igualando e abrindo os horizontes de expectativas
de cada unha das alumnas e dos alumnos.
No
concreso de León definíamos os obxectivos educativos xerais que
perseguíamos como educador e docente da seguinte maneira:
"OBJETIVOS
EDUCATIVOS GENERALES
Desde
nuestro pequeño espacio educativo podemos y debemos resistir y
luchar:
1.
Para que esa pedagogía pública que encumbra al sujeto empresarial
no sea la que modele el imaginario que debe proyectar la escuela.
2.
Para no perder la solidaridad como valor que une a personas de
distinta procedencia y naturaleza.
3.
Contra la exclusión y la desigualdad.
4.
Contra los estigmas, prejuicios y la aporofobia educativa.
5.
Contra la destrucción del pensamiento crítico y la imposición de
la amnesia narcotizante del pensamiento único (neoliberal).
6.
Para que los problemas sociales no sean reducidos a un mero problema
individual, del que se culpa a las propias personas.
7.
Para que, a pesar de todo y de nosotros mismos, triunfe una praxis de
la emancipación, que implica desmontar la pretendida unicidad del
‘sentido común’ e incorporar la pluralidad, en donde, al lado de
lo bello está lo feo, al lado de lo pulido está lo rugoso, al lado
de lo positivo está lo negativo, pues todo está impregnado de
conflicto, que se resuelve con la metodología de la dialéctica
pues, lo disciplinario no resuelve el problema educativo, solo lo
camufla, lo distancia...
8.
Para que la voz de los y las docentes se hagan escuchar en defensa de
la res publica, de lo común, de lo público y sus valores,
denunciando su privatización y mercantilización" (p. 276).
Pois
ben, coa práctica do ensino a distancia -unha ferramenta que
beneficia, non o esquezamos, ao gran capital a través das empresas
de comunicación dixital masiva- é imposible
'igualar', vulnéranse os desexos de 'igualdade distributiva de
oportunidades' (François Dubet) da educación pública e fai
imposible a xustiza distributiva (Echeita Sarrionandia) ou a
correctora (Connac).
O
capitalismo neoliberal vive das desigualdades de clase, como
explican moi ben Marx, ou Piketty na actualidade, conduce a unha
disociación real da función que debe ter unha educación pública
en democracia (véxanse Giroux 2018; Laval / Dardot 2017; Torres
Santomé 2017).
Polo tanto, nun contexto de desigualdades, que é o
que impregna o marco condicionador ao que nos referíamos antes, os
fogares do alumnado están marcados, inevitablemente, por esas desigualdades. O
ensino a distancia pretende esquecer iso, e o que fai é, polo
contrario, exacerbar as desigualdades. Non
podemos 'igualar' a través dun pdf con actividades instalado
nunha plataforma dixital -chámeselle como se lle chame- e mesmo,
como existe unha especie de defecto de autoestima no corpo docente
por mor dos ataques padecidos nestes últimos anos, hai docentes que
sobresaturan de exercicios e actividades. Ignoran a potencialidade
que posúe o marco condicionador á hora de que o alumnado se
enfronte ás tarefas encargadas.E se un pdf non o pode facer, moito menos un recurso audiovisual porque non estará mediado pola pedagoxía. Comunicar e
informar non son sinónimos de educar e ensinar.
Hainos
que viviron nunha burbulla, a da dixitalización da vida, e
penalizaron -por anticuados e 'demodés'- a quen nunca caímos nas
súas gadoupas. Un medio de información
nunca poderá ser un fin educativo. Sobre as
consecuencias de vivir nesa burbulla recomendamos a lectura de
calquera dos libros do filósofo Byung-Chul Han (un autor ao que
levamos anos divulgando neste blog e en medios coma o Diario de
Ferrol e outros), mais, desde logo, o que cómpre ter en conta que
non foi só por mor dos apóstoles do gran capital, os líquidos
posmodernistas tamén contribuíron nesa falacia da pantalla dixital
como salvadora. Para nada. E despois, cando se reanude a vida,
veremos a voracidade coa que seguirá engulíndonos un e outro,
porque o dixital non deixa de ser o cabalo de Troia que usa o gran
capital para colonizar o modo de vida das persoas. [O próximo
escrito que elaboraremos terá que ver co Crédito de Control Social
chinés e o futuro que nos queda].
Referencias
bibliográficas:
- Connac, S. (2017). Enseigner sans exclure. La pédagogie du colibri. Paris: ESF Sciences Humaines.
- Giroux, H.A. (2018). La guerra del neoliberalismo contra la educación superior. Barcelona: Herder.
- Laval, Ch., Dardot, P. (2017). La pesadilla que nunca acaba. El neoliberalismo contra la democracia. Barcelona: Gedisa.
- Torres Santomé, J. (2017). Políticas educativas y construcción de personalidades neoliberalistas y neocolonialistas. Madrid: Morata.
Aucun commentaire:
Enregistrer un commentaire