ça suffit, ne renonçons pas à nous-mêmes. C'est dans le miroir rouge que voyagent les mots et s'ensorcèlent, devenant poésie ou dénonce. Telle est ma quête, mon cher Jacques Brel.
lundi 7 février 2011
TODO O QUE SEXA CON TAL DE "VENDER" A CIDADE DA CULTURA
Hai momentos nos que resulta interesante comportarse coma un antropólogo, na actitude de observador, para ollar como se move a sociedade. Un deses movementos xorde do apoio do colectivo de hostaleiros á Cidade da Cultura.
Nada teño en que se manifesten e mesmo se confabulen para que sexa reclamo turístico e frotarse as mans perante os "cheos" que vai ter a cidade pola (suposta) atractividade do mausoleo en cuestión. [XA TEREMOS OCASIÓN DE FALAR SOBRE ISTO NUN FUTURO NON MOI AFASTADO E QUE ME LEMBRA COMO ESTÁN DEFRAUDADOS OS NOSOS XESTORES POLA FALTA DE CUMPRIMENTO DAS EXPECTATIVAS NUMEROLÓXICAS DO AVE MADRID-VALENCIA]
Máis preocupante é pensar que algo que nace para ser "cultural", "espazo de lectura", "espazo para a investigación", como teño escoitado aos seus defensores, sexa agora destinado a outros factores dignos da americanización que sofre a nosa vida.
Por iso, cando os hostaleiros din que o seguinte paso "es dotarla de funcionalidad y contenido" con el objetivo de "rentabilizar las instalaciones y convertirlas en un epicentro turístico para miles de visitantes de todo el mundo" póñome a padecer e a pensar que, definitivamente, isto dános a razón aos que criticamos o desbaldimento que representa para a cultura de Galicia.
Mal cadra a "investigación", a "lectura" e a "cultura" coas expectativas que se poden argallar para xustificar a atractividade e a rendibilidade económica da CdC. Pero, postos a idear solucións, só falta poñer uns baños termais, unhas tendas, e porque non unha discoteca -espazo para botellón hai-, e xa temos o paquete turístico da nova Marina d'Or no monte Gaiás.
Inscription à :
Publier les commentaires (Atom)
Aucun commentaire:
Enregistrer un commentaire